Chema Madoz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xaneiro de 1958 (66 anos) Madrid, España |
Outros nomes | Chema Madoz |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | artista |
Premios | |
José María Rodríguez Madoz, máis coñecido como Chema Madoz, nado en Madrid en 1958, é un fotógrafo español. Realizou numerosas exposicións individuais, tanto en España como no estranxeiro, e destacan os seus traballos surrealistas en branco e negro. A súa obra recolle imaxes extraídas de hábiles xogos de imaxinación, nos que perspectivas e texturas tecen as súas imaxes. Foi recoñecido no ano 2000 co Premio Nacional de Fotografía.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1991: Premio Kodak
- 2000: Premio Nacional de Fotografía de España
- 2000: Premio Higasikawa Overseas Photographer do Higasikawa PhotoFestival (Xapón)
- 2000: Premio PhotoEspaña
- 2014: Premio de Fotografía Piedad Isla
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Chema Madoz: Objetos, 1990-1999. Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. ISBN 978-84-80031-86-8.