Chiara Sacchi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2002 (21/22 anos) |
Actividade | |
Ocupación | activista climática |
Chiara Sacchi, nada en Buenos Aires en 2002, é unha activista polo clima arxentina.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Chiara Sacchi naceu e creceu en Haedo, Buenos Aires, e estudou en Elmina Paz de Gallo, en El Palomar.[2] Segundo unha entrevista realizada por Slow Food, Sacchi creceu nunha contorna familiar na que sempre estivo moi preocupada pola alimentación saudable, e por iso moitas das súas accións como activista polo clima viran ao redor deste tema.[3] Tamén destacou en varios discursos e entrevistas que se viu impulsada a actuar polo cambio climático xa que a aterrorizaban os cambios bruscos de temperatura na súa terra natal.[4]
Activismo
[editar | editar a fonte]Chiara Sacchi formou parte do histórico movemento "A mocidade contra a crise climática", xunto con Greta Thunberg e outros 16 mozos activistas. Tratábase dunha iniciativa que pedía ao Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas que responsabilizase a Arxentina, Brasil, Francia, Alemaña e Turquía pola súa inacción ante a crise climática. Esta petición foi a primeira denuncia formal presentada por un grupo de nenos menores de 18 anos sobre o cambio climático no marco da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno.
Sacchi participou como activista militante na Rede Slow Food Arxentina, un grupo global que traballa para a protección da biodiversidade e a alimentación boa, limpa e xusta. Con respecto ao activismo relacionado coa alimentación saudable, tamén participou en Terra Madre Salone del Gusto e nas actividades da comunidade Cocina Soberana de Buenos Aires, unha comunidade alimentaria que forma parte do movemento Slow Food en Buenos Aires.[5] Foi unha referencia sobre soberanía alimentaria:
Promovo os principios de Slow Food porque creo que hai outras maneiras de producir comida, que non sexan daniñas coa natureza e as persoas...Os gobernos non só non están a tomar medidas para regular e previr os danos causados polo sistema alimentario, se non que ademais están a permitir que sustancias tóxicas continúen contaminando nosa comida.[6]
Sacchi é tamén unha activista comprometida coa acción climática colectiva:
Todo gran cambio provén das masas, do pobo... Cando falo de saír á rúa, falo de mobilizar, de crear forza colectiva.[6]
Coñecida polo seu lema "Devólvannos o noso futuro", Sacchi forma parte dun crecente movemento xuvenil que promove a equidade interxeneracional na acción climática.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "#ChildrenVsClimateCrisis". Consultado o 2020-11-15.
- ↑ "Chiara Sacchi: la joven de Haedo es una de las principales activistas argentinas que lucha para frenar el cambio climático" (en castelán). 2019-10-17.
- ↑ ""Give Us Back Our Future." Chiara Sacchi, Slow Food Activist with Greta to the UN" (en inglés). 2019-09-25.
- ↑ "Las Greta Thunberg latinas que luchan contra el cambio climático (¿Y conoces alguna otra?)" (en castelán). Consultado o 2020-11-14.
- ↑ Food, Slow (2019-09-25). ""Give Us Back Our Future." Chiara Sacchi, Slow Food Activist with Greta to the UN" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2020. Consultado o 2020-11-15.
- ↑ 6,0 6,1 ""Give Us Back Our Future." Chiara Sacchi, Slow Food Activist with Greta to the UN" (en inglés). 2019-09-25. Consultado o 2020-11-15.