Chicharrón
Chicharrón | |
---|---|
Orixe | Carballo, Galicia |
Período | 2013-presente |
Xénero(s) | indie rock |
Selo(s) discográfico(s) | Prenom, Ferror Records |
Membros | Alberto M. Vecino Rosalía Fernández Rial Mara Pérez |
Antigos membros | Diego Gende Rubén Domínguez Mar Catarina Xurxo Meis |
Na rede | |
Chicharrón é unha banda galega de indie rock baseada en Carballo formada no ano 2013. Ata a data leva publicados seis álbums de estudio.
Historia
[editar | editar a fonte]Chicharrón naceu no ano 2013 tras a separación de Franc3s, cando o seu vocalista e guitarrista Alberto M. Vecino decidiu crear un poxecto máis experimental con Alberto Gende. Pouco despois Gende morreu e Vecino contactou co seu irmán, o guitarrista Diego Gende (Lowcost), e con Rubén Domínguez, cuxa banda Telephones Rouges se separar tamén pouco antes, e os tres reiniciaron o novo proxecto.[1][2]
En xuño de 2014 publicaron o seu primeiro álbum, Chicharrón, a través do colectivo artístico Prenom. O disco gravouse no mes de marzo no estudio A Ponte de Tomás Ageitos, que participou tocando a batería, na parroquia compostelá de Villestro.[2][3]
Posteriormente ingresaron a teclista Mar Catarina (Esposa) e o batería Xurxo Meis, cambiando Rubén Domínguez os teclados polo baixo. Con esta formación a banda gravou o seu segundo traballo, Postal, escrito totalmente en galego.[2] O álbum foi publicado en marzo de 2016 por Prenom e foi novamente gravado no estudio A Ponte, coa masterización realizada no estudio Terraforma no Hío, Cangas.[4]
No ano 2017 Chicharrón publicou dous sinxelos. O primeiro foi "Contra acantilados", lanzado no mes de marzo e xa coa voz de Mara Pérez, nova integrante da banda.[5] A canción aparece na banda sonora do filme de Anxos Fazáns A estación violenta.[6] E o segundo sinxelo, editado no mes de setembro, foi "Na cela", un poema de Antía Otero do seu libro O cuarto das abellas.[7]
En agosto de 2018 o grupo comezou a gravar o seu terceiro disco bautizado como Cancións clínicas.[8] O álbum foi gravado no Estudio Terraforma por Ibán Pérez coa produción de Rubén Domínguez, e publicado a través de Prenom o 9 de novembro dese ano.[9]
A meirande parte do seu cuarto álbum de estudio, Unha fogueira intacta, gravouse novamente no Estudio Terraforma en setembro de 2022. Outras partes graváronse entre Carballo, Vigo, San Vicente e Madrid en distintos momentos de 2019 e 2020. O traballo apareceu o 7 de abril de 2021 a través de Ferror Records.[10]
A banda compuxo os temas para un novo traballo entre outubro e decembro do ano 2021. Erosión gravouse no seu local de ensaio en Carballo en xaneiro de 2022, agás as baterías que se gravaron no Grove. O álbum foi editado a través do selo Ferror Records o 1 de marzo de 2022.[11]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Chicharrón | 2014 | Prenom |
Postal | 2016 | Prenom |
Cancións clínicas | 2018 | Prenom |
Unha fogueira intacta | 2021 | Ferror Records |
Erosión | 2022 | Ferror Records |
O que nos queda por non dicir | 2023 | Ferror Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrevista a Chicharrón". Rockdelux. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Chicharrón". La Fonoteca. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Chicharrón by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Postal by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Contra acantilados by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Hoxe estréase nos cines A Estación Violenta". Facebook. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Na cela by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Comezamos a gravar " Cancións clínicas", o noso novo disco". Facebook. Consultado o 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Cancións Clínicas by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "Unha fogueira intacta, by Chicharrón". Chicharrón (en inglés). Consultado o 2022-03-01.
- ↑ "Erosión, by Chicharrón". Chicharrón (en inglés). Consultado o 2022-03-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Vinte en Carballo con Chicharrón". Vinte. 14 de decembro de 2018.