China Central Television
China Central Television (CCTV, 中国中央电视台) é unha cadea de televisión chinesa de titularidade pública administrada pola State Administration of Radio, Film, and Television e que abrangue 19 canles.
Historia
[editar | editar a fonte]O 1 de maio de 1958, Peking Television como se denominaba entón, realizou a primeira transmisión experimental e logo do 2 de setembro comezou a emitir regularmente. O 1 de maio de 1978 cambiou o seu nome a CCTV, por entón as emisións comezaban pola tarde e remataban á medianoite. A CCTV ata a década de 1990 seguía as directivas do Departamento de Propaganda do Comité Central do Partido Comunista Chinés para o que se podía emitir e o que non pero a partir de entón establéceronse criterios xerais, ningún programa pode ir contra o comunismo, socialismo, o partido e o goberno nin ser sexualmente explícito[1].
Canles
[editar | editar a fonte]- CCTV-1 Xeral
- CCTV-2 Financeiro
- CCTV-3 Entretemento
- CCTV-4 Internacional en chinés
- CCTV-5 Deportivo
- CCTV-6 Filmes
- CCTV-7 Militar/agricultura
- CCTV-8 Series de televisión
- CCTV News (English) Información en inglés
- CCTV-10 Ciencia e educación
- CCTV-11 Ópera Chinesa
- CCTV-12 Lei e sociedade
- CCTV-News Informativo en chinés
- CCTV-Children (CCTV-少儿) – Infantil
- CCTV-Music (CCTV-音乐) – Música
- CCTV-E Internacional en castelán
- CCTV-F Internacional en francés
- CCTV-العربية Internacional en árabe
- CCTV-Русский Internacional en ruso
- CCTV-HD – Alta definición
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kops, M. & Ollig, S. "Internationalization of the Chinese TV Sector", 2007. pp. 33