Chinua Achebe
Aparencia
Chinua Achebe, nado en Ogidi en 1930 e finado en Boston, Massachusetts o 22 de marzo de 2013[1], foi un escritor nixeriano, considerado o pai da novela angloafricana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia igbo, estudou na Universidade de Ibadán e foi director do servizo exterior da NBC en 1961. Ao formarse a República de Biafra, Achebe, formou parte do seu servizo diplomático. En 1971 fundou o xornal literario en inglés, Okike e foi tamén editor do xornal literario en igbo e inglés, Uwa ndi Igbo (1984).
Da súa novela Todo se esfarela (Things Fall Apart), que publicou en 1958 vendeu 10 000 000 de exemplares en 50 linguas.
Obra
[editar | editar a fonte]- Todo se esfarela, 2013[2] (Things Fall Apart 1958)
- Xa non hai acougo, 2014[3] (No Longer at Ease 1960)
- The Sacrificial Egg and Other Stories (1962)
- A frecha de deus, 2013[4] (Arrow of God (1964)
- Un home do pobo, 2012[5] (A Man of the People, 1966)
- Chike and the River (1966)
- Beware, Soul-Brother, and Other Poems (1971)
- Vultures (1982)
- Girls at War and Other Stories (1973)
- Christmas at Biafra, and Other Poems (1973)
- Morning Yet on Creation Day (1975)
- The Flute (1975)
- The Drum (1978)
- The Trouble With Nigeria (1984)
- Anthills of the Savannah (1988)
- Hopes and Impediments (1988)
- Another Africa (1998)
- Home and Exile (2000)
- Collected Poems (2004)