Chișinău
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Moldova | ||||
Concello | Chișinău (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 639.000 (2019) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 123 km² ![]() | ||||
Bañado por | Bâc (en) ![]() ![]() | ||||
Altitude | 85 m ![]() | ||||
Creación | 1436 (Gregoriano) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Ion Ceban (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | MD-20xx ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | chisinau.md ![]() | ||||
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/Chi_stefan_park.jpg/220px-Chi_stefan_park.jpg)
Chișinău (pronúnciase /ki.ʃi.'nəǔ/, quixinau) é a capital e a maior cidade da Moldova, antigamente coñecida como Kishinev. É tamén considerada unha das capitais máis arborizadas da Europa e é a máis grande da república. Localízase no centro xeográfico do país, ás marxes do río Bîc.
Economicamente, a cidade é o maior centro comercial e industrial da área, así como o maior nó de comunicacións. A cidade de Chisinau é un dos centros culturais de Moldova e é unha das capitais europeas con maior proporción de zonas verdes.
Cunha poboación de 756.900 habitantes (2023) que chega aos 976.000 coa súa area metropolitana, Chișinău é, despois de Bucarest, a segunda maior cidade de lingua romanesa do mundo.
Do total da súa poboación, cerca do 73% son de etnia moldova/romanesa, en canto que un 13% son rusos, un 8,5% de ucraínos e 1,2% de búlgaros. O restante está composto de diversos grupos étnicos, como os gagauz.
Durante a época soviética, Chișinău oficialmente chamábase Kishinev (Кишинёв) e así aínda é coñecida en moitos países, como un dos vestixios da era comunista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Chișinău (en romanés)
- Chișinău - Portaíl Moldavíe Arquivado 18 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)
- Comunidade xudaíca de Chișinău