Pseudochondrostoma polylepis
Boga | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pseudochondrostoma polylepis[2] (Steindachner, 1865) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Chondrostoma polylepis |
A boga (Pseudochondrostoma polylepis) é unha especie de peixe teleósteo da familia dos ciprínidos.
É un endemismo da conca do Texo, na Península Ibérica e foi introducida nas concas do Xúcar e Segura. O seu hábitat natural son os ríos e cursos de auga intermitentes. Está ameazada por perda de hábitat. En España chega a alcanzar os 40 cm de longo. É de cor prateada e as súas aletas son case brancas. A súa alimentación é omnívora. A boga é un dos ciprínidos máis apreciados en España por pescadores recreativos xa que é un peixe de bo tamaño.
Na Península Ibérica, outras especies coñecidas de bogas son a boga do Guadiana (Pseudochondrostoma willkommii), que soamente habita na conca deste río e algunhas zonas do Guadalquivir e a boga do Douro (Pseudochondrostoma duriense) endémica da conca do Douro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crivelli, A.J. 2005. Chondrostoma polylepis. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. 19 xullo de 2007
- ↑ Leunda, P. M.; Elvira, B.; Ribeiro, F.; Miranda, R.; Oscoz, J.; Alves, M. J. & Collares-Pereira, M. J. 2009 International standarization of Common Names for Iberian Endemic Freshwater Fishes. Limnetica. 28: 189-202. url = "Copia archivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2010. ISSN = 1989-1806