Saltar ao contido

Christian Borrego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChristian Borrego
Biografía
Nacemento5 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Christian Borrego Isabel, máis coñecido como Chiki, nado en Madrid o 5 de outubro de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro e extremo no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Leganés, debutando co filial durante a tempada 2015/16, na que contribuíu con 10 goles ao ascenso do equipo á Terceira División.

En xuño de 2017 fichou polo Rayo Majadahonda, da Segunda División B, onde conseguiu un novo ascenso, tras proclamarse campión do seu grupo e de derrotar na final da promoción ao Mallorca.[1]

Tralo ascenso, deixou Madrid e fichou polo Sporting de Gijón B, co que xogou dous anos en Segunda B, marcando 10 goles en 65 partidos.[2]

En xuño de 2020 ingresou no Cornellà, tamén de Segunda B.[3] Na tempada 2021/22 disputou a nova Primeira División RFEF e anotou 15 goles, cifra só superada en toda a categoría por Jutglà, Quiles, Dioni, Arana e Héctor.

No verán de 2022 asinou como novo xogador do Alcorcón, club que viña de descender á Primeira Federación.[4] Co equipo de Fran Fernández sumou o terceiro ascenso da súa carreira, ao que contribuíu con 9 goles, un deles nas semifinais da promoción de ascenso ante a Real Sociedad B.

O 14 de agosto de 2023 debutou na Segunda División, entrando como substituto de Koldo Obieta na segunda metade dunha derrota por 4-0 ante o Mirandés.[5] Foi titular na maioría de encontros desa tempada, aportando catro goles, pero o equipo acabou descendendo.

En xullo de 2024 foi presentado como novo xogador do Racing de Ferrol, tamén da categoría de prata.[6]

  1. "El Rayo Majadahonda apuesta por la juventud de Chiqui" (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  2. "El Sporting B ficha al delantero madrileño Chiqui" (en castelán). 27 de xullo de 2018. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  3. "BIENVENIDO, CHIKI" (en castelán). 4 de agosto de 2020. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  4. "Christian Borrego, "Chiki" nuevo delantero para la A.D. Alcorcón" (en castelán). 11 de xullo de 2022. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  5. "El Mirandés se da un fiestón ante el Alcorcón" (en castelán). 14 de agosto de 2023. Consultado o 10 de setembro de 2024. 
  6. "Chiki refuerza el ataque del Racing Club Ferrol" (en castelán). 3 de xullo de 2024. Consultado o 10 de setembro de 2024.