Christian Dior
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1905 Granville, Francia |
Morte | 24 de outubro de 1957 (52 anos) Montecatini Terme, Italia (pt) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | cemiterio de Callian |
Residencia | Q30259062 |
Educación | Collège Stanislas (París) École Libre des Sciences Politiques (en) |
Lateralidade | destro |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño de moda |
Ocupación | deseñador de alta costura, empresario |
Período de actividade | 1929 - 1957 |
Representante | Marjan Sterk Fine Art Jewellery (pt) |
Compañeiro profesional | Jean-Claude Champagnat (pt) |
Participou en | |
28 de xaneiro de 2024 | Sprekende juwelen – de keuze van Martijn Akkerman (pt) |
All that Glitters (pt) | |
Familia | |
Familia | Família Dior (pt) |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Maurice Dior e Madeleine Dior |
Irmáns | Catherine Dior |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | dior.com |
|
Christian Dior, nado en Granville o 21 de xaneiro de 1905 e finado en Montecatini (Italia) o 24 de outubro de 1957, foi un deseñador de moda francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Christian Dior foi educado polo servizo diplomático na École des Sciences Politiques de París. Logo, comezou a traballar na industria da moda. Dior fixo esbozos para Robert Piguet, o gran deseñador parisiense da época.
En 1946, apoiado polo magnate téxtil (Marcel Boussac, o "rei do algodón"), estableceu o seu principal casa de costura en París. En vinte anos expandió o seu negocio a 15 países e empregaba a máis de 2.000 persoas.
Dior é especialmente coñecido polo estilo "New Look" de 1947 (sobrenome dado por unha xornalista americana): ombreiros torneados, cintura fina cunha saia ampla en forma de corola a vinte centímetros do chan. Os seus modelos representan a elegancia clásica, dando valor a unha imaxe feminina. Despois da súa morte, a casa Dior continuou con outros deseñadores, Yves Saint Laurent, Marc Bohan, Gianfranco Ferré, John Galliano, Raf Simons e Maria Grazia Chiuri.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quino Petit (3-6-2017). "Sidney Toledano, el emperador de Dior". El País Semanal (en castelán). Consultado o 24-3-2018.