Christian von Koenigsegg
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1972 (52 anos) Estocolmo, Suecia |
Educación | Lundsberg boarding school (en) |
Actividade | |
Ocupación | automotive engineer (en) , empresario |
Christian Erland Harald von Koenigsegg, nado o 2 de xullo de 1972 en Estocolmo, é un empresario sueco, fundador do fabricante de automóbiles deportivos Koenigsegg.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Christian von Koenigsegg é fillo de Jesko von Koenigsegg, director de J K Energiteknik, e da modista Brita. A familia von Koenigsegg procede de Suabia e Baviera dunha familia artistocrática que se remonta ao século XII.[1] Christian medrou en Estocolmo e estudou en Lundsbergs skola e na Escola Escandinava de Bruxelas. En 1994 con 22 anos de idade, fundou a súa propia compañía Koenigsegg Automotive AB con diñeiro que tiña aforrado. Ao ano seguinte recibiu cartos de seu pai e en 1999 logrou dous millóns de dólares dun grupo de 20 investidores[2], salientando Bård Eker que é o principal accionista da empresa[3], porén von Koenigsegg é o presidente.
O primeiro prototipo deseñouno o enxeñeiro David Crafoord, e logo de varios anos de desenvolvemento apareceu o primeiro modelo que se fabricou, o Koenigsegg CC8S elaborado en Margretetorp en 2002. Despois de acadar unha velocidade de 388 quilómetros por hora o libro Guinness recoñeceuno como o coche fabricado en serie máis rápido do mundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ointroducerad Adels Förening (2014). Ointroducerad Adel 2015. Stockholm. ISBN 978-91-637-6651-0
- ↑ Christian von Koenigsegg On His New $2 Million Supercar, Forbes 11 de maio de 2016
- ↑ The Not-so-Small Koenigsegg Group AB Puts Saab Back in Swedish Hands, Car and Driver agosto de 2009