Christopher Nusa Ohen
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de outubro de 1970 (54 anos) Benin City, Nixeria | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Christopher Nusa Ohenhen, coñecido como Ohen, nado o 14 de outubro de 1970 en Benin City, é un exfutbolista nixeriano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección nixeriana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando no seu país no Julius Berger e, tras destacar no Mundial Xuvenil de 1989 foi contratado polo Real Madrid, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo. No Real Madrid Castilla estivo adestrado por Vicente del Bosque.[1] En 1991 recalou na SD Compostela, coa que conseguiu o ascenso á primeira división na temporada 1993/94.[2] Xogou no Compostela os catro anos que o equipo permaneceu na máxima categoría do fútbol español, converténdose no máximo goleador da súa historia na primeira división.[3]
Tras unha frouxa temporada e lastrado polas lesións, o equipo descendeu á segunda división e el marchou cedido ao Beşiktaş, onde seguiron os seus problemas musculares, perdendo temporada e media. Volveu xogar na segunda división co Compostela e tras un breve paso polo Leganés, regresou a Nixeria para xogar no seu primeiro club, no que se retirou no ano 2002.
Foi preseleccionado para ir ao Mundial de Fútbol de 1998 coa selección de Nixeria, pero finalmente non foi convocado[4].
Estatísticas
[editar | editar a fonte]temp. | club | país | liga | part. | goles |
---|---|---|---|---|---|
1988/89 | Julius Berger | Nixeria | Liga Nixeriana | -- | -- |
1989/90 | Real Madrid Castilla | España | Segunda División | 0 | 0 |
1990/91 | Real Madrid Castilla | España | Segunda División | 0 | 0 |
1991/92 | SD Compostela | España | Segunda División | 5 | 0 |
1992/93 | SD Compostela | España | Segunda División | 23 | 7 |
1993/94 | SD Compostela | España | Segunda División | 34 | 13 |
1994/95 | SD Compostela | España | Primeira División | 31 | 14 |
1995/96 | SD Compostela | España | Primeira División | 34 | 11 |
1996/97 | SD Compostela | España | Primeira División | 33 | 17 |
1997/98 | SD Compostela | España | Primeira División | 19 | 6 |
1998/99 | Beşiktaş | Turquía | Primeira División Turca | 17 | 10 |
2000/01 | SD Compostela | España | Segunda División | 17 | 2 |
2001/02 | CD Leganés - Julius Berger | España - Nixeria | Segunda División | 3 | 0 |
Total | 216 | 80
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ de Llano, P. (1 de setembro de 2019). "Un amor de infancia". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2019. Consultado o 01 de setembro de 2019.
- ↑ García Solano, M. (2 de xuño de 1994). "El Compostela asciende al cielo de la Primera". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2014.
- ↑ "Un Compos de Primera". Míticos del Balompié (en castelán). 28 de decembro de 2008. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "World Cup France 1998: Nigeria player profiles". Sports Illustrated. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2008.