Gaivota de Bonaparte
Gaivota de Bonaparte | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto na época de cría | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Chroicocephalus philadelphia (Ord, 1815) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus philadelphia |
A gaivota de Bonaparte[2][3] (Chroicocephalus philadelphia) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]A especie tarda dous anos en acadar a plumaxe de adulto[4]. É unha gaivota pequena, con cabeza, peteiro e extremos das as de cor negra. O resto das as presentan un gris craro dominante.[4] As patas son dun laranxa pálido[4].
Distribución
[editar | editar a fonte]Distribúese por Norteamérica, dende Alasca ata o Quebec. Inverna nas costas atlánticas e pacíficas de Norteamérica, dende o leste ata o golfo de México[5]. En Europa só se observan individuos divagantes no norte, especialmente no Reino Unido e en Irlanda[5]. No caso da Península Ibérica, todas as citas son de Galicia, o litoral cantábrico e algunha cita illada das Illas Canarias[5].
En Galicia
[editar | editar a fonte]Considérase unha rareza[5]. Citas moi puntuais. Téñense documentado citas na Costa da Morte e na comarca de Vigo[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Butchart, S.; Symes, A. (2012). "Larus philadelphia". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22694432A38855554. Consultado o 30 April 2016.
- ↑ Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 242.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Paterson, Andrew M. (1997). Lynx Edicions, ed. Las aves marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaivota de Bonaparte |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bonaparte's gull - Larus philadelphia - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter (en inglés)
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |