Cian (mitoloxía)
Cian, fillo de Dian Cecht, dos Tuatha Dé Danann, é máis coñecido coma o pai de Lugh xunto coa princesa fomoriana Ethniu.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Naceu co saco amniótico intacto na súa cabeza, cando era novo pegóuselle coa variña dun druída e iso converteuno nun porco. Logo diso podíase transformar en porco á súa vontade. Noutras versións podíase transformar en can.
Segundo unha profecía, Balor, o rei dos Fomoré, debía ser matado polo seu neto. Pechou a súa filla, Ethniu, nunha torre feita de cristal para evitar que quedase preñada. No entanto, Cian, coa axuda da druída Birog, conseguiu entrar na torre. Ethniu pronto deu a luz a tres fillos. Balor tirounos ao océano: dous afogaron ou convertéronse en focas, mais un, Lugh, foi salvado por Birog e fixerono fillo adoptivo de Manannan mac Lir. Segundo unha versión da lenda, Cian seduciu a Ethniu en vinganza logo do roubo da súa vaca por Balor.
Cian foi matado polos fillos de Tuireann, Brian, Iuchar e Iucharba, logo de tentar sen éxito escapar deles baixo a forma dun porco. Lugh fiou unha serie de buscas aparentemente imposibles como indemnización. Acadáronas todas, mais foron fatalmente feridos na realización da última. A pesar das súplicas de Tuireann, Lugh negoulles o uso dun dos artigos que recuperaran, unha pel de porco máxica que curaba todas as feridas. Morreron a causa das súas feridas e Tuireann morreu de tristeza sobre os seus corpos.[2]
O nome Cian noméase tamén na Historia Brittonum de Nennio coma poeta galés contemporáneo de Aneirin e Taliesin (antes do 1100).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lebor Gabála Érenn. R. A. Stewart Macalister (ed./trans.). Part IV. Irish Texts Society, Dublin, 1941. § VII.
- ↑ "The Children of Tuireann". P.W. Joyce (translator). 1879. Old Irish Romances. C. Kegan Paul & Co.