Saltar ao contido

Ciclocrós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corredor de ciclocross apeitando a bicicleta ao lombo.

O ciclocrós[1] é unha disciplina ciclista, nacida a mediados do século XX, que consiste en realizar un determinado número de voltas a un circuíto con tramos de asfalto, camiños e prados e cunha serie de obstáculos (naturais ou artificiais) que deban obrigar ao corredor a baixarse da bicicleta para sortealos.

Os dominadores

[editar | editar a fonte]

Os ciclistas do norte de Europa, especialmente os belgas e neerlandeses, son os especialistas desta disciplina. Nos anos de historia do ciclo-cros apareceron diferentes dominadores procedentes desta zona, como Andrè Dufraisse, Erik de Vlaeminck, Renato Longo, Roland Liboton ou máis recentemente Mario De Clercq.

A bicicleta

[editar | editar a fonte]
Ciclocross de Asteasu

A bicicleta coa que se compite en ciclo-cros é moi parecida á que se utiliza nas probas de estrada, aínda que con algunhas diferenzas:

  • As rodas son un pouco máis anchas para mellorar a tracción en chans esvaradíos.
  • Os pneumáticos teñen un debuxo máis marcado para mellorar a adherencia en chans esvaradíos.
  • Os freos son de tipo cantilever, para evitar que en terreos embarrados se acumule o barro na ponte.
  • A pinza dianteira ten máis separación polo mesmo motivo.
  • O eixo pedalier está lixeiramente máis alto para evitar que a bicicleta golpee con obstáculos elevados.
  • A separación entre o tubo vertical e a roda traseira é lixeiramente maior para evitar a acumulación de terra e barro.
  • Utilízanse pedais de bicicleta de montaña.
  • Ultimamente, no guiador adóitase incorporar unha segunda quenda de freos para permitir ao ciclista frear desde calquera situación na que se atope.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ciclocrós.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]