Saltar ao contido

Cegoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ciconia»)
Cegoña
Rango fósil: Mioceno temperán ao presente

Inmaturo emplumando (esquerda) e adulto
da cegoña branca europea (Ciconia ciconia ciconia)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Ciconiiformes
Familia: Ciconiidae
Xénero: Ciconia
Brisson, 1760
especies

Ciconia abdimii
Ciconia boyciana
Ciconia ciconia
Ciconia episcopus
Ciconia maguari
Ciconia nigra
Ciconia stormi

Sinonimia

Xenorhynchus

Ciconia episcopus
A cegoña negra (C. nigra) figura tamén na lista de aves de Galicia, xunto á cegoña branca.

As cegoñas son, propiamente, aves do xénero Ciconia (o nome cegoñas tamén se usa ás veces máis laxamente para toda a familia Ciconiidae). O xénero Ciconia comprende sete especies vivas, das cales seis viven no Vello Mundo, e unha en Suramérica (Ciconia maguari). O rexistro fósil indica que Ciconia era algo máis común na América tropical en tempos prehistóricos.

As cegoñas (Ciconia) son aves grandes, normalmente de 100 cm de alto, e de 180 cm de envergadura alar e cun longo e estreito peteiro. Os membros deste xénero son máis variables en plumaxe que outros cicónidos, pero varias especies teñen plumas negras na parte superior do corpo e das ás, e brancas na parte inferior do corpo. Os inmaturos son máis claros, como unha versión máis parda dos adultos.

As Ciconia son gregarias e reprodúcense en colonias, e as parellas son moi fieis; antes pensábase que permanecían xuntas toda a vida, pero hoxe sabemos que poden cambiar de parella despois das migracións. Constrúen grandes niños con paus e ramiñas nas árbores, aínda que a especie suramericana aniña no chan e polo menos tres das especies constrúen os niños en edificios humanos. A máis coñecida é a cegoña branca, que visita Europa e entrou nas lendas e o folclore europeo. Na lista de aves de Galicia figuran a cegoña branca (C. ciconia) e a cegoña negra (C. nigra).

Comen ras, insectos, crías de aves, lagartos e roedores. Voan co pescozo estendido, igual que a maioría dos demais cicónidos, pero, ao contrario que as garzas, as cales retraen o pescozo cara a atrás en voo.

As especies migratorias como as cegoñas brancas e as negras planan no aire coas súas amplas ás e dependen das térmicas de aire quente para facer voos sostidos de longa distancia. Como estas térmicas só se forman en terra, estas cegoñas, igual que as grandes aves de presa, deben cruzar o Mediterráneo nos seus puntos máis estreitos, e pode verse un gran número destas aves cruzando os estreitos de Xibraltar e do Bósforo durante a súa migración.

As especies existentes de cegoñas son as seguintes:

O rexistro fósil do xénero é amplo, o que indica que Ciconia estaba antes máis estendido do que está hoxe. Aínda que o material fósil coñecido parece suxerir que o xénero evolucionou arredor do Atlántico, posiblemente en Europa occidental ou África, a falta en comparación de fósiles en Asia fai que esta teoría non estea suficientemente fundamentada actualmente. Todo o que se pode dicir é que no Plioceno temperán, Ciconia estaba estendida polo menos por todo o hemisferio norte.

Entre os membros fósiles do xénero están os seguintes:

Un fragmento distal de radio atopado en depósitos do Plistoceno tardío da Cova de San Josecito (México) pode pertencer a este xénero ou ben a Mycteria; é máis pequena que outras cegoñas Ciconia fósiles americanas.[3] O xénero fósil proposto Prociconia do Brasil, tamén do Plistoceno tardío, pode ser un sinónimo júnior deste xénero ou de Jabiru. Un fragmento distal de tarsometatarso atopado nun abrigo rochoso na illa de Reunión é probablemente dunha ave que foi capturada alí para a alimentación por algúns dos primeiros poboadores humanos da illa; pero non hai rexistro de mencións da presenza de cegoñas nas illas Mascareñas, e aínda que inicialmente se creu que este subfósil era unha cegoña, hoxe é asignado ao ibis de Reunión (Threskiornis solitarius), que é bastante similar ás cegoñas osteoloxicamente e non estaba descrito aínda cando se atopou este óso (Cowles, 1994).

Asociacións culturais

[editar | editar a fonte]
Bociany (Cegoñas), un cadro pintado por Józef Chełmoński (1849–1914).

Debido ao seu gran tamaño, predación de animais daniños, e o seu comportamento de nidación preto dos asentamentos humanos e sobre os tellados, a cegoña branca ten unha impoñente presenza que tivo un impacto na cultura e folclore humanos.[4] No Antigo Exipto estaba asociada ao Ba ou "alma" e era o xeroglífico que a representaba.[5] A palabra hebrea para denominar a cegoña branca é chasidah (חסידה), que significa "misericoridosa" ou "amable".[6] A mitoloxía grega e a romana representaban as cegoñas como modelos de devoción parental, e crían que non morría de vella, senón que voaba a illas e tomaba a aparencia de seres humanos. Esta ave intervén en polo menos tres fábulas de Esopo tituladas O raposo e a cegoña, O granxeiro e a cegoña, e A ra que quería ser rei.[7] Tamén se pensaba que coidaba aos seus pais vellos alimentándoos e mesmo transportándoos, e os libros para nenos representábanas como un modelo de valores filiais. Unha lei grega chamada Pelargonia, nome que procede da palabra do grego antigo pelargos, que significaba cegoña, obrigaba aos cidadáns a coidar aos seus pais anciáns.[8] Os gregos tamén estableceron que matar unha cegoña podía ser punido coa morte.[9] Na antiga Tesalia parece que era protexida, xa que cazaba cobras, e sostíñase que era a "ave branca" de Virxilio.[10] Os escritores romanos salientaron a chegada da cegoña branca en primavera, que era un aviso para que os agricultores plantasen os seus viñedos.[11]

Supostas virtudes filiais das cegoñas.[12]

Os crentes islámicos veneran as cegoñas porque coidan que estas fan unha peregrinación anual á Meca durante a súa migración.[13] Algúns dos primeiros estudos e coñecementos sobre a migración das aves iniciáronse por un interese nas cegoñas brancas; As coñecidas en alemán por Pfeilstörche ("cegoñas frecha") encontrábanse en Europe con frechas africanas cravadas nos seus corpos. Un exemplo ben coñecido desas cegoñas encontrouse no verán de 1822 na cidade alemá de Klütz en Mecklenburg nun espécime que foi disecado por un taxidermista, completado co adorno dunha frecha africana, que se conserva agora na Universidade de Rostock.[14]

As cegoñas teñen pouco temor ao ser humano se este non as molesta, e a miúdo aniñan sobre os edificios de Europa. En Alemaña, a presenza dun niño no tellado dunha casa críase que protexía contra os incendios. Estaban tamén protexidas debido á crenza de que as súas almas eran humanas.[15] Os propietarios de casas de Alemaña e Holanda favorecían que as cegoñas aniñasen nas súas casas, ás veces construíndo plataformas no alto das casas con ese único propósito, para atraeren a boa sorte.[6] Os polacos, lituanos e ucraínos cren que as cegoñas traen a harmonía ás familias en cuxa propiedade aniñan.[16]

A cegoña branca é un motivo popular en selos de correos, e está representada en máis de 120 selos postais de máis de 60 entidades emisoras de selos.[17] É a av e nacional de Lituania e Belarús,[18] e foi a mascota polaca na Feira da Expo 2000 de Hanover.[19] No século XIX, algúns pensaban que as cegoñas só vivían en países que tiñan unha forma de goberno republicana.[20]

As cegoñas e o nacemento dos nenos

[editar | editar a fonte]
Der Klapperstorch (A cegoña), unha pintura de Carl Spitzweg (1808–1885).

No folclore europeo a cegoña está relacionada coa natalidade, xa que é a responsable de traerlles os bebés aos pais. A lenda é moi antiga, pero foi popularizada por unha historia do século XIX de Hans Christian Andersen chamada As cegoñas.[13] O folclore alemán considerou que as cegoñas encontraban os meniños en covas ou pantanos e traíanos ás casas das parellas humanas nunha cesta levada sobre as costas ou colgada do peteiro. Estas covas contiñan adebarsteine ou "pedras de cegoñas". Os bebés dábanllos ás nais ou deixábanos caer pola cheminea. As parellas tiñan que notificar cando querían un fillo colocando doces para que as comese a cegoña nos beirís das fiestras da casa.[6] Desde alí o folclore espallouse por todo o mundo ata chegar a países como Filipinas e a Suramérica.[6] As marcas de nacemento que ás veces aparecían na parte posterior da cabeza dos neonatos (nevos da caluga) considerábanse ás veces como causados por peteirazos da cegoña.[21]

Na mitoloxía e relixión eslava, pensábase que as cegoñas levaban as almas non nacidas desde Iriy á Terra durante a primavera e verán.[22] Esta crenza aínda persiste na moderna cultura folcrórica de moitos países eslavos, na historia infantil simplificada de que as "cegoñas traen os nenos ao mundo".[23] Nalgúns idiomas eslavos, por exemplo o serbio, e croata "cegoña" dise roda, que deriva de roditi (dar a luz, nacer). Os eslavos vían as cegoñas como aves que traían sorte, e pensaban que matar a unha delas traía desgrazas.[24] Un estudo a longo prazo que mostraba a correlación espúrea entre o número de niños de cegoñas e os nacementos humanos é amplamente utilizado na ensinanza escolar de estatística básica como un exemplo que ilustra que a correlación non necesariamente indica causalidade.[25][26] O mito de que traían os meniños apareceu en diferentes formas na historia. Aos nenos de escravos afroamericanos dicíaselles ás veces que os nenos brancos os traía a cegoña, mentres que os nenos negros nacían de ovos de miñatos.[27]

O psicanalista Marvin Margolis indicou que a natureza tan duradeira da fábula de que as cegoñas traen os meniños está ligada a que satisfai unha necesidade psicolóxica, porque alivia a incomodidade de discutir de sexo e de procreación cos nenos. As aves foron desde hai tempo asociadas con símbolos maternais, desde deusas da Antigüidade como Xuno ata o Espírito Santo cristián, e as cegoñas foron elixidas pola súa branca plumaxe (que simboliza a pureza), o seu tamaño (que é dabondo como para poder cargar cun neno), e voo a grande altitude (equiparable a voar entre a Terra e os ceos).[6] A fábula e a súa relación co mundo interno dos nenos foron discutidos por Sigmund Freud,[6] e Carl Jung.[28] De feito, Jung lembraba que lle contaran a historia a el mesmo ao nacer a súa irmá.[29] A ligazón tradicional cos neonatos continúa co seu uso frecuente en anuncios publicitarios de produtos como cueiros e nas tarxetas de natalicio que anuncian o nacemento dos nenos.[6]

Outros aspectos

[editar | editar a fonte]

Non obstante, o folclore atopoulle tamén aspectos negativos ás cegoñas. Un conto folclórico polaco relata como Deus fixo a plumaxe branca das cegoñas, mentres que o Demo deulle as súas plumas negras, o que lle infunde tanto impulsos bos coma malos. Tamén foi asociada con bebés discapacitados ou nacidos mortos en Alemaña, o que se explicaba porque a cegoña deixara caer o neno en camiño á casa a onde ía destinado, ou como vinganza ou castigo por pasados pecados. Unha nai que estaba encamada preto do momento do parto dicíase que fora "peteirada" pola cegoña.[6] En Dinamarca, dicíase que as cegoñas lanzaban unha cría fóra do niño e despois un ovo en anos sucesivos.[6] Na Inglaterra medieval, as cegoñas estaban asociadas co adulterio, posiblemente inspirándose nos rituais do seu cortexo. O seu despiollamento e acomodación das plumas e posturas considerábanse ligadas cos atributos da vaidade.[30]

  1. "Boles. W 2005 A Review of the Australian Fossil Storks of the Genus Ciconia (Aves: Ciconiidae), With the Description of a New Species" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xullo de 2011. Consultado o 05 de marzo de 2016. 
  2. MNHNCu P4599, a distal right tibiotarsus of a mid-sized species, about the size of the White Stork: Suarez, William and Olson, Storrs L. (2003). "New Records of Storks (Ciconiidae) from Quaternary Asphalt Deposits in Cuba". The Condor 105: 150. JSTOR 1370615. doi:10.1650/0010-5422(2003)105[150:NROSCF]2.0.CO;2. hdl10088/1553. 
  3. Steadman, David W.; Arroyo-Cabrales, Joaquin; Johnson, Eileen & Guzman, A. Fabiola (1994). "New Information on the Late Pleistocene Birds from San Josecito Cave, Nuevo León, Mexico" (PDF). Condor 96 (3): 577–589. doi:10.2307/1369460. 
  4. Cocker, Mark; Mabey, Richard (2005). Birds Britannica. Londres: Chatto & Windus. p. 58. ISBN 0-7011-6907-9. 
  5. West, John Anthony (1995). The Traveler's Key to Ancient Egypt: A Guide to the Sacred Places of Ancient Egypt. Wheaton, Illinois: Theosophical Publishing House. p. 64. ISBN 0-8356-0724-0 – vía Google Books. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Margolis, Marvin; Parker, Philip (1972). "The stork fable−some psychodynamic considerations". Journal of the American Psychoanalytic Association 20 (3): 494–511. PMID 4116100. doi:10.1177/000306517202000304. 
  7. Aesop. Fables. ISBN 1-56156-088-X. 
  8. Elliott 1992, pp. 460-1.
  9. Dolata, Pawel T. (2006). "The White Stork Ciconia ciconia Protection in Poland by Fradition, Customs, Law, and Active Efforts". En Tryjanowski, Piotr; Sparks, Tim H.; Jerzak, L. The White Stork in Poland: Studies in Biology, Ecology and Conservation. Poznań, Poland: Bogucki Wydawnictwo Naukowe. ISBN 83-60247-35-8. 
  10. Royds, Thomas Fletcher (1914). The Beasts, Birds, and Bees of Virgil; A Naturalist's Handbook to the Georgics. Oxford University Press – vía The Internet Archive. 
  11. Thomas, Richard F. (1988). "Vergil's "White Bird" and the Alexandrian reference (G. 2. 319-20)" (PDF). Classical Philology 83 (3): 214–7. doi:10.1086/36710. 
  12. Unknown (1831). Descriptive Scenes for Children. Boston: N.S. and S.G. Simpkins. p. 3. OCLC 31373438 – vía The Internet Archive. 
  13. 13,0 13,1 Sax, Boria (2001). The Mythical Zoo. Oxford, UK: ABC-CLIO. pp. 153–4. ISBN 1-57607-612-1. 
  14. Kinzelbach, Ragnar (2003). "Der Pfeilstorch in der Zoologischen Sammlung der Universität Rostock" (PDF). Der Sprössling: Fachschaftsrat Biologie der Universität Rostock (en German) (3): 9–10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de novembro de 2014. Consultado o 06 de marzo de 2016. 
  15. Hardwick, Charles (1872). Traditions, Superstition and Folk-lore. Manchester, UK: A. Ireland and Co. pp. 238, 247–8 – vía The Internet Archive. 
  16. "Stork". Encyclopedia of Ukraine. Canadian Institute of Ukrainian Studies. Consultado o 5 December 2010. 
  17. Scharning, Kjell. "White Stork". Theme Birds on Stamps. Consultado o 5 December 2010. 
  18. "Lithuania". Understanding the European Union: Member States. Centre d'Information sur les Institutions Européennes (CIIE). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 5 December 2010. 
  19. "Kingdom of Storks". PAIIZ Newsletter. Polish Information and Foreign Investment Agency (PAIIZ). 22 March 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2016. Consultado o 18 March 2011. 
  20. Hulme, F. Edward (1895). Natural History Lore and Legend. Londres: Bernard Quaritch. pp. 17–8 – vía The Internet Archive. 
  21. Jacobs, Alvin H.; Walton, Robert G. (1976). "The incidence of birthmarks in the neonate". Pediatrics 58 (2): 218–22. 
  22. Gieysztor, Aleksander (1982). Mitologia Słowian (en Polish). Warsaw: Wydawnictwa Artystyczne i Filmowe. ISBN 83-221-0152-X. 
  23. Jakubiec, Z. (2009). "Dlaczego bocian przynosił dzieci?". Bocianopedia (en Polish). Consultado o 10 March 2011. 
  24. Szczepanowicz, Barbara (2005). "Ptaki Ziemi Świętej: Bocian, czapla, ibis" [Birds in the Holy Land: Stork, heron, ibis]. Ziemia Święta (en Polish) (rok XI 1(41)). Consultado o 8 February 2011. 
  25. Matthews, Robert (2000). "Storks deliver babies" (PDF). Teaching Statistics 22 (2): 36–8. doi:10.1111/1467-9639.00013. 
  26. Didelez, Vanessa (2007). "Statistical Causality". En Østreng, Willy. Consilience: Interdisciplinary Communications 2005/2996 (PDF). Centre for Advanced Study, Oslo. pp. 114–20. ISBN 978-82-996367-4-2. 
  27. Bay, Mia (2000). The White Image in the Black Mind: African-American Ideas about White People, 1830–1925. New York: Oxford University Press. p. 120. ISBN 0-19-513279-3. 
  28. Jung, Carl (1910). "The Association Method – Lecture III: Experiences concerning the psychic life of the child". American Journal of Psychology 31 (3): 219–69. JSTOR 1422691. doi:10.2307/1413002 – vía York University. 
  29. Pickles, Penny (2011). "Jung the Man". The Society of Analytical Psychology: Jungian Analysis and Psychotherapy. Londres: The Society of Analytical Psychology. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 2 March 2011. 
  30. de Vries, Ad (1976). Dictionary of Symbols and Imagery. Amsterdam: North-Holland Publishing Company. p. 445. ISBN 0-7204-8021-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barlow, Clive (1997): A field guide to birds of the Gambia and Senegal. Pica Press, Nr. Robertsbridge (East Sussex). ISBN 1-873403-32-1
  • Cowles, Graham S. (1994): A new genus, three new species and two new records of extinct Holocene birds from Réunion Island, Indian Ocean. Geobios 27(1): 87–93.
  • Grimmett, Richard; Inskipp, Carol, Inskipp, Tim & Byers, Clive (1999): Birds of India, Pakistan, Nepal, Bangladesh, Bhutan, Sri Lanka, and the Maldives. Princeton University Press, Princeton, N.J.. ISBN 0-691-04910-6
  • Hilty, Steven L. (2003): Birds of Venezuela. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-6418-5

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]