Saltar ao contido

Cidadanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cidadán»)

En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán ou cidadá) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado lle recoñece a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un status do cidadán, ou como un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, ou apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.

Cidadán e súbdito

[editar | editar a fonte]

O concepto de cidadán difire do de súbdito, que se refire a aquel que é suxeito da soberanía dun Estado; a condición de súbdito implica, de por si, unha situación puramente pasiva (deberes e suxeición), mentres que a de cidadán implica a titularidade dos dereitos e doutras situacións xurídicas activas.

Cidadanía é a relación que hai entre o cidadán é a súa comunidade política.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GUIMARÃES, Francisco Xavier da Silva: Nacionalidade: Aquisição, Perda e Reaquisição, 1ª edição, Forense, 1995.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]