Cilha Lourenço Módia
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora |
Cilha Lourenço Módia, nada na Coruña en 1974, é unha ensaísta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, doutora pola Universidade da Coruña e profesora contratada doutora na Universidade da Coruña.[1][2]
En 2020 asumiu a secretaría da AELG.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978) (2013). Laiovento. 350 páxs.
Edición
[editar | editar a fonte]- Teatro Circo. Tres textos (2010). Deputación da Coruña. 190 páxs.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Talía na crónica de nós: dez anos de teatro galego (1990-1999) (2000). Abano, Ourense. Con Carlos Caetano Biscaínho.
- O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e antoloxía (2002) Deputación da Coruña. Con Carlos Caetano Biscaínho.
- Actas do Congresso Jenaro Marinhas del Valle (2009) Associaçom Galega da Língua.
- Gramática práctica da lingua galega: comunicación e expresión (2010) Baía. Con Xoán López Viñas e Marisa Moreda Leirado.
Con Xoán López Viñas e María Vilariño Suárez, é autora de libros de texto para a ESO en Lingua e Literatura Galega, Baía Edicións.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É filla do dramaturgo Manuel Lourenzo e mais de Montserrat Modia Olalla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Illa. Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega". illa.udc.gal. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020.
- ↑ "Ficha de Cilla Lourenzo Modia". pdi.udc.es.
- ↑ Diario, Nós. "As escritoras protagonizan os cambios na directiva da AELG". Nós Diario. Consultado o 2020-11-26.