Cinese (bioloxía)
A cinese, igual que a taxe ou o tropismo, é un movemento ou actividade dunha célula ou un organismo en resposta a un estímulo, como a exposición a un gas, intensidade da luz ou temperatura ambiental.
A diferenza da taxe, a resposta ao estímulo non é direccional. O organismo, por exemplo un animal, non se move cara ao estímulo ou afastándose do estímulo, senón que se move a velocidade lenta ou rápida dependendo da súa "zona de confort." Neste caso, un movemento rápido (non aleatorio) significa que o animal está buscando a súa zona de confort e un movemento lento indica que xa a atopou.
Tipos
[editar | editar a fonte]Hai dous tipos principais de cinese, e ambos teñen como resultado a agregación. Porén, o estímulo non actúa atraendo ou repelendo individuos. Son:
Ortocinese: na cal a velocidade do movemento do individuo depende da intensidade do estímulo. Por exemplo, a locomoción do colémbolo Orchesella cincta en relación coa auga no solo. Cun incremento da saturación de auga no solo hai un incremento da dirección do seu movemento cara ao lugar húmido, onde se agregan os individuos.[1]
Clinocinese: na cal a frecuencia ou velocidade de xiro é proporcional á intensidade do estímulo. Por exemplo, o comportamento do verme plano Dendrocoelum lacteum, que xira máis frecuentemente en resposta a un incremento da luz, asegurándose de que pasa máis tempo nas áreas escuras.[2]
Modelo básico de cinese
[editar | editar a fonte]A estratexia de cinese controlada polo benestar avaliado localmente e instantaneamente (paisaxe de fitness) pode describirse en simples palabras: os animais premanecen máis tempo nas condicións boas e abandonan as condicións malas máis rapidamente. Se o benestar se mide polo coeficiente de reprodución local, entón o modelo de mínima reacción-difusión de cinese pode escribirse como segue: [3]
Para cada poboación na comunidade biolóxica,
onde: é a densidade de poboación da especie i-ésima, representa as características abióticas das condicións de vida (poden ser multidimensionais), é o coeficiente de reprodución, que depende de todos os e de s, é o coeficiente de difusión de equilibrio (definido polo en equilibrio). O coeficiente caracteriza a dependencia do coeficiente de difusión do coeficiente de reprodución.
Os modelos de cinese foron comprobados en situación típicas. Demostrouse que a cinese é beneficiosa para a asimilación de áreas e flutuacións na distribución de alimento. A cinese pode atrasar a invasión e espallamento de especies polo efecto Allee.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Verhoef, Herman A.; Nagelkerke, C. J. (1977). "Formation and ecological significance of aggregations in collembola". Oecologia 31 (2): 215–226. ISSN 0029-8549. PMID 28309140. doi:10.1007/bf00346922.
- ↑ Gunn, D. L.; Kennedy, J. S.; Pielou, D. P. (decembro de 1937). "Classification of Taxes and Kineses". Nature (en inglés) 140 (3555): 1064. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/1401064a0.
- ↑ A.N. Gorban,N. Çabukoǧlu, Basic model of purposeful kinesis, Ecological Complexity, Volume 33, xaneiro de 2018, Pages 75-83.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Cinese (bioloxía) |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kendeigh, S. Charles. 1961. Animal Ecology. Prentice-Hall, Inc., Englewood Cliffs, N.J., 468 p.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Movemento browniano
- Quimiocinese
- Cinese cranial
- Citocinese
- Difusión
- Nastia
- Fotocinese
- Movementos rápidos de plantas
- Quimiotaxe