Saltar ao contido

Cipriano Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCipriano Prada
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1887 Editar o valor en Wikidata
Haro, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Cipriano Prada Amedo, nado en Haro o 26 de setembro de 1887, foi un futbolista español, que xogaba como centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido na localidade rioxana de Haro, seus pais eran naturais de San Vicente de la Sonsierra (A Rioxa) e de Samaniego (Áraba).[1] Criouse entre Haro e Bilbao, antes de instalarse en Pontevedra, onde a súa familia rexentou o Hotel Méndez Núñez, na praza de San Xosé.[1] Na cidade do Lérez comezou a xogar ao fútbol e acadou gran fama como membro do Pontevedra Sporting, onde coincidiu co seu irmán Benito e co destacado defensa Edmundo Nóvoa.[2]

A fama de Prada e Nóvoa fixo que fosen convidados a reforzar o equipo do Real Madrid (chamado naquel entón aínda Madrid FC) na final da Copa do Rei de 1908, que se celebrou no estadio de O'Donnell de Madrid e na que saíu vencedor o equipo branco, ao derrotar por 2-1 ao Vigo FC.[3] Prada continuou durante anos no Pontevedra Sporting, exercendo como capitán,[4] e en 1913 foi un dos 11 homes que disputaron o primeiro partido da selección española, en Amute contra Francia. Formou na dianteira xunto aos vascos Angoso, Arzuaga, Elósegui e Minondo, nun partido que rematou con empate a un gol.[1]

En novembro de 1918 o Pontevedra Sporting Club e o Club Deportivo Pontevedra fusionáronse para formar o Pontevedra Athletic Club, do que Cipriano Prada foi o primeiro capitán e adestrador.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Madrid FC
  1. 1,0 1,1 1,2 Arrechea, Fernando (1 de marzo de 2021). "25 de mayo de 1913. El primer partido de la Selección Española de Fútbol.". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (129). ISSN 1989-6379. 
  2. "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra (en castelán) (7167). 11 de marzo de 1908. p. 2. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  3. "De sport". El Diario de Pontevedra (en castelán) (7193). 13 de abril de 1908. p. 2. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  4. "De Sport". El Progreso (en castelán) (862). 23 de novembro de 1912. p. 1. Consultado o 21 de agosto de 2024. 
  5. "El Pontevedra A. Club". El Progreso (en castelán) (2118). 26 de novembro de 1918. p. 1. Consultado o 21 de agosto de 2024.