Ciprinodóntidos
Os Ciprinodóntidos (Cyprinodontidae, Gill 1865) son unha familia de peixes teleósteos, incluídos na orde Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes).
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes pequenos (talles máximos duns 22 cm) e están presentes en augas temperadas de tódolos continentes, salvo en Australia. Habitan en augas doces e salobres, rara vez na costa mariña (o Aphanius iberus é habitual tanto de ríos como de zonas salgadas).
A boca é apical e moi elevada respecto da cabeza. Presentan bandas verticais ó longo do corpo, dispostas de forma variable segundo a especie e o sexo do individuo, e pode converterse nun patrón de puntos máis ou menos aliñados.
Os machos carecen do gonopodio, polo que son peixes ovíparos e de fecundación externa.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Esta familia formaba parte, ata 1964, da orde Atheriniformes, data na que pasou a considerarse dentro dunha orde propia, a dos Cyprinodontiformes.
Divídense en dez xéneros con 119 especies (FishBase):
- Xénero Aphanius
- Xénero Cualac
- Xénero Cubanichthys
- Xénero Cyprinodon
- Xénero Floridichthys
- Xénero Garmanella
- Xénero Jordanella
- Xénero Lebias
- Xénero Megupsilon
- Xénero Orestias
En España están presentes tres especies, endémicas: Valencia hispanica, Aphanius baeticus e Aphanius iberus. As tres están en situación de risco de extinción, polas actividades antrópicas, especialmente a destrución dos seus hábitats e a introdución de especies exóticas, que actúan como predadoras ou como competidoras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ciprinodóntidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ciprinodóntidos |