Circa Vitae
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Circa Vitae | |
---|---|
Na rede | |
Circa Vitae (en latín, "Acerca da vida"[1]) é un grupo de pop rock alternativo[2] estadounidense con base en Eugene (Oregón) que naceu en xuño do ano 2007[3]. O grupo está formado polo guitarrista Wesley Curtis, o vocalista e guitarrista Britt Brady, o percusionista Thaddeus Moore, a baixista Nate Beveridge e a vocalista e violinista Anna Ponto. En vez de vender álbums, o grupo optou por financiarse mediante un sistema de doazóns, combinado cos directos.
Álbums
[editar | editar a fonte]O seu primeiro álbum, e de momento o único, publicado o 3 de decembro do ano 2008[4], recibiu o mesmo nome que o grupo, Circa Vitae. No ano 2009 publicaron un tema adicional do álbum, “Infinity is 8 on its Side” (en inglés, "O infinito é 8 na súa banda").
Licenza
[editar | editar a fonte]Todos os temas publicados por Circa Vitae están baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento Non Comercial Compartir Igual 3.0», aínda que nalgúns sitios o seu primeiro e único álbum aparece como «Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual 3.0» ─un dos temas aparece rexistrado como tal en Safe Creative[5]─.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía do grupo Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ Páxina do grupo en MySpace.
- ↑ Páxina do grupo en Jamendo Arquivado 14 de agosto de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ Sitio web oficial Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine..
- ↑ Rexistro do seu álbum en Safe Creative.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
- Vídeos en Youtube: “Stanger” e “Awake”