Circuíto Caesars Palace
Circuíto Caesars Palace | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
![]() | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | ![]() |
Lonxitude | 3,650 km. |
Curvas | 14 |
Volta rápida (1982) | 1:19.639 |
Piloto récord | ![]() |
Escudería récord | Tyrrell Racing-Ford |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Circuíto Caesars Palace foi sede do Gran Premio de Las Vegas unha carreira de automobilismo válida para o campionato mundial de Fórmula 1 que se disputou en Las Vegas, Estados Unidos en 1981 e 1982.
Ao saír Watkins Glen do calendario da Fórmula 1, en 1980, seleccionouse Las Vegas como escenario para un Gran Premio. Esta nova carreira pechaba o calendario mentres que Long Beach quedou como primeira carreira. Con todo, non foi moi popular entre os pilotos debido á intensa calor do deserto. A carreira disputábase na área de estacionamento do hotel Caesar's Palace e, para un circuíto non permanente, as instalacións eran bastante elaboradas. Era o suficientemente ancho para permitir adiantamentos, áreas de seguridade en area e unha superficie tan uniforme como o vidro. Corríase en sentido contrario ás agullas do reloxo. Cando Nelson Piquet logrou o seu primeiro Campionato de Pilotos ao terminar quinto en 1981, tomoulle case quince minutos para recuperase do cansazo causado pola calor, habendo logrando apenas chegar á meta.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto do Caesars Palace
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1981 | ![]() |
Williams-Ford | 1:44:09.077 h | 3´637 km | 75 | 17 de outubro | ![]() | |
1982 | ![]() |
Tyrrel-Ford | 1:41:56.888 h | 3´650 km | 75 | 25 de setembro |