Circuíto Internacional de Sebring
Circuíto Internacional de Sebring | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Sebring, Florida, USA |
Lonxitude actual | 6,020 km |
Curvas | 17 |
Volta rápida | |
Piloto récord | |
Escudería récord | |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
Sebring International Raceway é un autódromo situado sobre un antigo aeródromo militar e actualmente Aeroporto Rexional de Sebring, na cidade de Sebring, Florida, Estados Unidos.
O circuíto
[editar | editar a fonte]Ata 1982, para usar o circuíto de 8.660 metros debíase pechar temporalmente as pistas de aterraxe. En 1983 e 1987, houbo modificacións para permitir o uso dunha e dúas pistas de aterraxe respectivamente. as transformacións que recibiu o autódromo en 1991 permitiron independizar as actividades de ambas as instalacións. Desde entón, os únicos cambios foron na pinza, para ampliar a zona de escape; e na curva Gendebien, para reducir a velocidade de entrada á recta de Ullman. Hoxe en día, o circuíto ten unha extensión de 6.020 metros.
O trazado é extremadamente plano e sen peraltes, debido ás súas orixes como aeródromo; isto causa problemas de evacuación de auga cando chove. Boa parte do percorrido mantén a rugosa superficie orixinal de cemento. Nos cambios de superficie é habitual que os carenados inferiores rocen a superficie da pista.
Carreiras en Sebring
[editar | editar a fonte]Sebring atópase activo desde o ano 1950, e desde 1952 alberga as 12 horas de Sebring, unha das carreiras de resistencia máis importantes de América. Actualmente úsase tamén como pista de probas das categorías de automobilismo de América do Norte durante o inverno boreal.
A Fórmula 1 disputou o Gran Premio dos Estados Unidos de 1959 neste trazado. O australiano Jack Brabham quedou sen combustible a poucos metros da chegada cando lideraba a carreira. O seu compañeiro de equipo Bruce McLaren levou a vitoria, mentres que Brabham empuxou a súa Cooper-Climax máis de catrocentos metros para cruzar a meta. Logo deste feito, a FIA decidiu prohibir recibir axuda humana para mover aos automóbiles durante as carreiras.
Cos tres puntos do cuarto lugar, Brabham converteuse no primeiro campión australiano de Fórmula 1, o primeiro con motor traseiro, e o primeiro en pilotar un Cooper. McLaren mantivo a marca de piloto máis novo en gañar un Gran Premio.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto Internacional de Sebring
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Bruce McLaren | Cooper-Climax | 2:12:35.7 h | 8´36 km | 42 | 159´055 km/h | 12. decembro | Estados Unidos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Internacional de Sebring |