Cistocarpo
En botánica denomínase cistocarpo a estrutura frutífera producida nas rodófitas despois da fecundación.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo cistocarpo está formado pola unión dos elementos cisto- e -carpo, ambos os dous tirados das voces do grego antigo κύστις kýstis "bolsa", "vexiga", e καρπός karpós, "froito", unidos cun -o- epentético.[2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]Este neoloxismo foi empregado por primeira vez en 1875, en alemán, polo botánico Julius von Sachs (1832-1897).[2][Cómpre referencia]
Estrutura e función
[editar | editar a fonte]O cistocarpo está formado por filamentos, especialmente cando dita estrutura ten unha envoltura protectora especial, no que se liberan as carpósporas (esporas do cistocarpo),[1] esporas diploides das algas vermellas.[2]
O nome cistocarpo aplícase menos frecuentemente cando o gonimoblasto, conxunto de filamentos que se orixinan no procarpo fecundado e que producen carpósporas, é dicir, cando non hai unha envoltura protectora.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Maggs, C. A. & Hommersand, M. H 1993.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 carpospora no Dicciomed.
- ↑ 3,0 3,1 Font Quer 1993, p. 225.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
- Maggs, C. A. & Hommersand, M. H. (1993): Seaweeds of the British Isles. Volume 1 Rhodophyta. Part 3A Ceramiales. Londres: The Natural History Museum. ISBN 0-1131-0045-0.