Ciudad Encantada
Tipo | espazo natural protexido monumento natural de España ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Cuenca, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||

A Ciudad Encantada é unha paraxe natural de formacións rochosas calcarias formadas ó longo de miles de anos. Localízase preto de Valdecabras, no termo municipal de Cuenca (España), nunha ampla zona de piñeirais da parte meridional da serranía conquense e a unha altitude de 1.500 metros. Está situada nunha leira privada á cal se pode acceder previo pago de 5€.
Foi declarada Sitio Natural de Interese Nacional o 11 de xuño de 1929. A acción da auga, o vento e o xeo fixo posible este fenómeno cárstico. A heteroxeneidade das rochas en canto á súa morfoloxía, composición química e grao de dureza é o que permitiu o desgaste desigual das mesmas polos elementos atmosféricos. Ás caprichosas e espectaculares formacións existentes hai que sumar lapiaces, dolinas e sumidoiros.
Comparte estas características especialmente con "Los Callejones", paraxe situada no termo municipal de Las Majadas. Ambos os lugares forman parte do Parque natural Serranía de Cuenca, creado mediante a Lei da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha 5/2007.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ley 5/2007 de la Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciudad Encantada ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)