Clístenes de Sición
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII a. C. Sición, Grecia |
Morte | século VI a. C. |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Familia | |
Fillos | Agarista de Sicião |
Pai | Aristonymus |
Premios | |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Clístenes (en grego Κλεισθένης Kleisthénes) foi o tirano de Sición ao redor dos anos 600 e -570.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Aristónimo, alcanzou o poder tras asasinar a un dos seus irmáns e depor a outro (Mirón e Isódamo), practicando unha tiranía máis radical que a dos seus antecesores. Segundo Heródoto, Clístenes proclamou desde o principio do seu goberno os seus sentimentos antidóricos e o seu odio cara á cidade de Argos, que antigamente dominara Sición, sentimento que se traduciu en tres medidas que supuxeron o golpe de graza á aristocracia doria:
- Prohibición de recitar os textos homéricos, que celebraban aos heroes arxivos[1].
- Prohibición do culto do heroe Adrasto e substitución do mesmo polo do seu rival Melanipo; tamén se favoreceron cultos populares e agrarios e introduciuse o culto de Dioniso.
- Cambio dos nomes das tribos: as dorias recibiron apelativos vexatorios (Hiatai [porcos], Oneatai [asnos] e Choireatai [brutos]), mentres que a súa propia, a pre-doria e plebea, pasou a chamarse tribo dos Archealoi (xefes do pobo)[2].
Estas medidas populistas proporcionáronlle a adhesión incondicional das clases inferiores de raza predoria.
A súa política exterior foi moi activa. Ampliou o territorio da súa cidade coa conquista de Pelene e probabelmente tamén a de Cleonas. Axudou na guerra contra Cirra e destruíu esa cidade no ano -595. Opúxose con forza ás pretensións hexemónicas da súa odiada rival Argos, e participou na Primeira Guerra Sacra xunto con Alcmeón de Atenas e Euríloco de Tesalia. Coa súa vitoria, Clístenes logrou un escano para Sición no novo consello da Anfictionía de Delfos.
O prestixio de Clístenes quedou de manifesto no número de pretendentes que aspiraban á man da súa filla Agárista. Tras obter a vitoria na carreira de cuadrigas[3][4], organizou unha competición na que os principais candidatos foron Megacles, da familia dos Alcmeónidas, e Hipoclides. Como Hipoclides fixo o ridículo bailando en estado de embriaguez diante do tirano, finalmente Megacles foi elixido como esposo de Agárista.
Clístenes faleceu en torno ao ano -570, sendo sucedido por un tal Esquines, cuxo parentesco con Clístenes non está claro. Este Esquines foi expulsado en -556 por unha intervención espartana promovida polo éforo Quirón
Parentes de Clístenes de Sición foron Clístenes de Atenas e Agarista, a nai de Pericles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Encyclopædia Britannica: A Dictionary of Arts, Sciences, and General Literature; the R.S. Peale Reprint, with New Maps and Original American Articles, Volume 12.
- ↑ Heródoto V,67-68.
- ↑ Diodoro Sículo, Biblioteca Histórica, Libro VIII, 19.1
- ↑ Heródoto 6 126.