Claridades (Monforte de Lemos)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Claridades.
Claridades | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
Claridades foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1913 e 1916.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi un periódico combativo, subtitulado Revista Semanal. Órgano de la Liga de Defensa Local. Apareceu o 14 de maio de 1913, e estivo dirixido por Carlos Vázquez Mariño ata o número 3, cando foi substituído por Antonio Rodríguez Somoza. O administrador era Enrique Iglesias Velmar. Tiña as seccións fixas Poesías, Sección municipal e Por el inalámbrico. Case todos os artigos están asinados con pseudónimos e dos poucos colaboradores dos que se coñece o nome destacan Julio Rupérez Lecea e Xavier Bóveda. Tiña ilustracións da autoría de Antonio Mariño.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. pp. 51–52. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 222–226. ISBN 84-8192-110-6.