Clasificación de discapacidades en atletismo
Aparencia
A clasificación das discapacidades en atletismo fixa as categorías de participación dos atletas con discapacidade nas competicións internacionais, coma os Xogos Paralímpicos.
As categorías son numéricas, e van precedidas dunha letra T ou F, segundo sexan para competicións de carreiras (en. track) ou saltos e lanzamentos (en. field).
Táboa de códigos e discapacidades
[editar | editar a fonte]Código da categoría | Cadeira de rodas | Descrición da discapacidade |
---|---|---|
T51 e F51 | Con | Perda de funcionalidade nos ombros, cóbados e pulsos de ata 5 graos, e tríceps de ata 3 graos. |
F52 | Con | Funcionamento normal de ombros, cóbados e pulsos, pero dificultades na flexión dos dedos ata 3 graos. |
T52 e F53 | Con | Funcionamento normal de ombros, cóbados e pulsos, pero dificultades nos dedos e músculos das mans. |
T53 e F54 | Con | Normal funcionamento dos membros superiores, pero baixa ou inexistente traballo abdominal ou espiñal. |
T54 e F55 | Con | Normal funcionamento dos membros superiores, pero parcial no tronco. Poden incluso ter funcións hábiles nos membros inferiores e reflexos nos músculos da cadeira. |
F56 | Con | Normal funcionamento dos membros superiores e do tronco. Cadeiras, adutores e xeonllos con flexión, e ata grao 3 no tendón do xeonllo. |
F57 | Con | Normal funcionamento dos membros superiores, tronco, cadeiras e xeonllos, con algún grao de flexión de nocello e no pé. |
F58 | Con | Normal funcionamento dos membros superiores, tronco, cadeiras, xeonllos, nocellos e pés. Mínima discapacidade. |
T31 e F31 | Con | Tetrapléxicos. Espasticidade en grao 4, con graves dificultades para realizar movementos nos membros ou no tronco. Necesitan asistencia para desprazar a cadeira de rodas. |
T32 e F32 | Con | Tetrapléxicos. Espasticidade en grao 3. Graves dificultades para realizar movementos, pero poden desprazar a cadeira de rodas. Bo control estático do tronco, pero dificultades no control dinámico. |
T33 e F33 | Con | Tetrapléxicos, tripléxicos ou hemipléxicos severos, que poden desprazar a cadeira de rodas e que teñen case total control sobre os membros superiores. Graves dificultades de movemento nos membros inferiores, con desprazamentos mínimos e sempre asistidos. |
T34 e F34 | Con | Hemipléxicos, con mínimos problemas no tronco e membros superiores. Espasticidade de 3 a 4 en membros inferiores, con posibilidade de faceren desprazamentos medios. Boa coordinación de mans, e capacidade para facer movementos circulares e/ou rápidos. |
T40 e F40 | Sen | Ananos por causa de acondroplasia ou variantes. Homes menores de 145 cm e mulleres por baixo de 140 cm. |
T42 e F42 | Sen | Amputados por riba do xeonllo nunha soa perna ou discapacidades equivalentes. |
T43 e F43 | Sen | Amputados por baixo do xeonllo nas dúas pernas ou discapacidades equivalentes. |
T44 e F44 | Sen | Amputados por baixo do xeonllo nunha soa perna ou discapacidades equivalentes. |
T45 e F45 | Sen | Amputados nos dous brazos (por riba ou por debaixo do cóbado) ou discapacidades equivalentes. |
T46 e F46 | Sen | Amputados dun brazo (por riba ou por debaixo do cóbado) ou discapacidades equivalentes. |
T35 e F35 | Sen | Hemipléxicos. Necesitan asistencia para o movemento, pero non cando están quietos ou lanzan. Espasticidade de 2 a 3 nos membros inferiores, con asistencia para camiñar. Correctas funcións nos membros superiores, con todos os movementos nas mans. |
T35 e F35 | Sen | Hemipléxicos. Necesitan asistencia para o movemento, pero non cando están quietos ou lanzan. Espasticidade de 2 a 3 nos membros inferiores, con asistencia para camiñar. Correctas funcións nos membros superiores, con todos os movementos nas mans. |
T36 e F36 | Sen | Atetose ou ataxia moderada. Poden camiñar, pero a atetose dificulta que manteñan o equilibrio, que sempre é mellor o dinámico có estático. Algún grao de espasticidade. Dificultade para realizar movementos explosivos, como saídas de carreira ou lanzamentos. |
T37 e F37 | Sen | Hemipléxicos. Espasticidade de 2 a 3 nunha das metades do corpo. Camiñan correctamente, a miúdo usando unicamente o membro operativo. |
T38 e F38 | Sen | Discapacidade mínima. Hemiplexias, atetoses ou ataxias lixeiras. Rixidez nalgúns membros. Ausencia de reflexos nalgúns membros. |
T11 e F11 | Sen | Discapacidade visual. Percepción da luz ou non, pero imposibilidade de recoñecer a forma dunha man a ningunha distancia ou dirección. |
T12 e F12 | Sen | Discapacidade visual. Dende que poden recoñecer a forma dunha man a unha agudeza visual de 2/60 e/ou un campo de visión de menos de 5 graos. |
T13 e F13 | Sen | Discapacidade visual. Agudeza visual entre 2/60 e 6/60 e/ou campo visual entre 5 ou 20 graos. |