Claude Njiké-Bergeret
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1943 (81 anos) Douala, Camerún |
Profesora | |
Actividade | |
Ocupación | escritora de non ficción, ecoloxista, mestra |
Familia | |
Parentes | Étienne Bergeret, avó |
Claude Njiké-Bergeret, nada en Douala o 5 de xuño de 1943, é unha escritora, granxeira e coordinadora local camerunesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu avó Étienne Bergeret foi misioneiro protestante en Nova Caledonia e o Camerún entre 1917 e o 1921.[1] O seu pai, Charles Bergeret, fíxose pastor despois de que o seu propio pai, Étienne, casase en Francia en 1937 con Yvette Guiton, unha traballadora social.
Claude naceu no Hospital Europeo de Douala. O seu pai foi mobilizado para participar na liberación de Francia durante a segunda guerra mundial.[2] En 1946 naceu a súa irmá Mireille, e a familia regresou ao Camerún. A familia asentouse en Bangangté, onde construíron a escola pública feminina de Mfetom, na que estudou a propia Claude Njiké-Bergeret. A carón das comunidades locais do pobo bamileke aprendeu a falar o idioma local, das linguas bamileke.
En 1956 a familia regresou a Francia. Claude rematou o instituto e casou e tivo dous fillos, Serge (1966) e Laurent (1968). Estudou Xeografía na Universidade de Aix-Marsella, onde participou nas protestas do Maio do 68.
En 1972 separouse e regresou ao Camerún. En 1974 asinou un contrato coa mesma sociedade misioneira para a que traballara o seu pai, co propósito de ser mestra, e dirixiu a escola de Mfetom.Reformou a educación en Mfetom, incluíndo máis historia local nas súas leccións, e procurando comprender os costumes locais. Amais, implicouse na vida social local. En 1978 o seu matrimonio co fon (xefe local) Njiké Pokam François, que xa vivía en poligamia con case trinta mulleres, provocou certo escándalo, ao ser unha muller branca, formada e protestante. Tivo dous rapaces con el: Sophia (1978) e Rudolf (1980), e pasou a ser coñecida co alcume da Raíña Branca. Logo da morte do xefe en 1987, Claude adquiriu unha pequena parcela agrícola e pasou a vivir como labrega en Nkoutchoup[3], a carón do río Noun, coa súa familia e as súas amizades a uns 20 km de Bangangte.
Desde a década de 1970 procurou mellorar a imaxe de África en Francia. En 1997 publicou a súa autobiografía, Ma Passion Africaine. Os seus libros falan dos ritos e da cultura de Bangangté.
Obra
[editar | editar a fonte]- Ma passion africaine (JC Lattès, 1997). Reeditada como J'ai lu, no 4903, 2000. ISBN 2 290 30979 6. Autobiografía.
- La sagesse de mon village (JC Lattès, 2000). ISBN 2 7096 2075 8. Autobiografía.
- Agis d'un seul cœur (JC Lattès, 2009) ISBN 2 709 62243 2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Njiké-Bergeret, Claude (1997): Ma passion africaine. JC Lattès, p.17-18.
- ↑ Claude Njiké-Bergeret, Ma passion africaine, JC Lattès, 1997. p.18-19
- ↑ "F. Faverjon: Claude". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 31 de maio de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Claude Njiké-Bergeret, la "Reine blanche" du Cameroun – flatilla". fannyborius.over-blog.com. Consultado o 31 de maio de 2014.
- "Rencontre avec Claude Njiké-Bergeret: "la Reine Blanche" (Cameroun) – flatilla". fannyborius.over-blog.com. Consultado o 31 de maio de 2014.
- Envoyé spécial de France 2 Envoy%E9+sp%E9cial')&order=TICOL
- "CAMERTUBES: La vie au Cameroun – Rencontre avec Claude Njike Bergeret". epinett.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 31 de maio de 2014.
- Njiké-Bergeret