Claudia Castro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1972 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, xornalista, escritora ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Mercedes González Rodríguez, coñecida literariamente como Claudia Castro,[1] nada no Castiñeiriño (Santiago de Compostela) o 30 de decembro de 1972, é unha xornalista e escritora galega. Dende 2011 reside coa súa familia no lugar de Penelas (Teo). Boa parte do seu tempo transcorre en Corme, na Costa da Morte.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Xornalismo e Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Socioloxía na UNED. Traballa no eido da comunicación corporativa dende 1995.[3]
O compositor Fernando Vázquez Arias púxolle música a catro poemas seus: Amor é mar, Corme, Camiño dos faros e Azul.[4] É colaboradora habitual da revista de poesía Andar 21 , así como doutras publicacións en lingua galega e portuguesa.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Adagio para unha viaxe silente (2005). Follas Novas, Libros da Frouma. 62 páxs. ISBN 84-85385-91-8.
- Ser, corazón e boca (2018). A Coruña: Medulia. 48 páxs. ISBN 978-84-948102-0-6.
Infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Galicia, o país das marabillas (2019). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 60 páxs. ISBN 978-84-9151-386-5. Poesía para cativos.[6]
- Amiga lúa, amigo mar. MOON, ME & THE SEA (2022). Vigo: Galaxia, Col. Árbore. 80 páxs. Ilustracións de Luz Beloso. ISBN 978-84-9151-924-9. Poesía para cativos.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Co poema "Soños do tubérculo"
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2003: Gañadora do I Premio Duck Fin de Poesía, con De cando os anxos aínda tiñan sexo.[4]
- 2003: Accésit do I Certame de Microrrelatos a Lonxa Literaria de Moaña, por Retrato dunha muda.[4]
- 2005: recoñecemento no V Concurso de e-poemas do diario La Vanguardia.[4]
- 2017: Gañadora do segundo premio no VI Certame de Poesía Mariño, por Ela, muller en reconstrución.[4]
- 2017: Gañadora do Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro con Ser, corazón e boca.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-09-21.
- ↑ "Claudia Castro". www.aelg.gal. Consultado o 2022-09-21.
- ↑ "Editorial Galaxia Claudia Castro". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2021. Consultado o 2022-09-21.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Claudia Castro". www.aelg.gal. Consultado o 2022-09-21.
- ↑ "Adagio para unha viaxe silente Follas Novas Edicións LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-09-21.
- ↑ "A escritora e xornalista Claudia Castro presentará este sábado no MACMO o seu último libro, “Galicia, o país das marabillas”". que pasa na costa. Consultado o 2022-09-21.