Claudia S. de Windt
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | avogada |
Compañeiro profesional | Sheila Abed (en) María Amparo Alban (en) |
Sitio web | ii-js.org… |
Claudia S. de Windt, nada en Santo Domingo, República Dominicana, é unha avogada internacional ambiental dominicana e experta en ciencias políticas.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O almirante César de Windt Lavandier, pai da Armada dominicana, inspirouna no seu interese pola natureza.[4] De Windt estudou dereito na Universidade Iberoamericana (UNIBE), conta cunha mestría en Estudos Xurídicos Internacionais da Escola de Dereito da American University e cun Certificado en Negociacións da Escola de Dereito da Universidade Harvard.[5]
En 2001 De Windt comezou o seu traballo no Departamento de Desenvolvemento Sustentable e a Secretaría de Seguridade Multidimensional da Organización de Estados Americanos (OEA), dirixindo iniciativas de reformas lexislativas, xustiza, sostibilidade, dereito ambiental, e a súa vinculación cos dereitos humanos nas Américas.[6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16] De Windt traballou en propostas para lograr normas e prácticas de comercio que garantan a sostibilidade sen perder de vista a mitigación do cambio climático.[17][18][19]
Emitiu argumentos orais con respecto á solicitude da República de Colombia dunha opinión consultiva da Corte Interamericana de Dereitos Humanos sobre a interpretación de varios artigos da Convención Americana sobre Dereitos Humanos, que tratan as implicacións e ramificacións ambientais.[20][21]
Na OEA foi Xefa da sección de Dereito Ambiental, Política e Boa Gobernalidade e especialista principal de seguridade e xustiza medio ambiental.[22][23][24] Foi asesora principal e ten liderado diversos procesos políticos e de negociación no ámbito multilateral e hemisférico en materia de sostibilidade.[25][26] Estivo a cargo da iniciativa de conflitividade social do Órgano interamericano.[27][28]
De Windt colaborou na autoría de varias propostas lexislativas nas Américas incluíndo a Lei Xeral do Ambiente da República Dominicana e as súas normas.[29][30] En 2015, De Windt formou parte da Comisión de Medio Ambiente que traballou na actualización do marco xurídico ambiental de México, a nivel do Senado Federal.[31][32][33] Estes traballos continuaron noutros países da rexión como é o caso do Brasil.[34][35][36] De Windt estivo involucrada en procesos de política e negociación sobre sostibilidade tanto no sistema Interamericano como no de Nacións Unidas.[37]
Durante a pandemia xerada polo virus COVID-19, De Windt propuxo solucións desde o dereito ambiental para abordar pandemias globais como o COVID-19 nas Américas, colaborando coa Comisión Mundial de Dereito Ambiental (WCEL), entre outras cousas, no lanzamento do primeiro seminario web en castelán.[38]
En abril do ano 2020, conxuntamente coa exministra de Xustiza de Paraguai, Sheila Abed, e coa ecuatoriana María Amparo Albán, experta en asuntos ambientais, sostibilidade e comercio; De Windt fundou o Instituto Interamericano de Justicia y Sostenibilidad (IIJS), unha empresa emerxente institucional con sede na cidade de Washington, D.C., Estados Unidos e con presenza en varias cidades das Américas.[39][40] De Windt foi designada como Directora Executiva do IIJS o día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño de 2020.
De Windt é catedrática adxunta da Facultade de Dereito de Washington College of Law, da American University.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En xaneiro de 2020, foi distinguida polo Environmental Law Institute como Académica Invitada[41]
- Foi recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu invalorable apoio e dilixente xestión como asesora da Presidencia durante o proceso das negociacións da XVLI Asemblea Xeral da Organización: CP/ACTA. 2078/16.[42]
- Recoñecida polo Consello Permanente da OEA polo seu traballo permanente e compromiso co tema do cambio climático en 2015[43]
- Outstanding Performance Award (Premio ao desempeño sobresaliente), pola Secretaría Xeral da OEA.[44]
- Recoñecida polo Goberno Dominicano pola súa colaboración ao éxito da Segunda Reunión Interamericana de Ministros e Altas Autoridades de Desenvolvemento Sustentable.[45]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Claudia S. de Windt". Green Growth Knowledge Platform (en inglés). 12 de marzo de 2018.
- ↑ "Environmental Rule of Law - Claudia S. de Windt - Senior Legal Specialist". UN Environment (en inglés). 6 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "ENJ y OEA inician Programa Interamericano de Capacitación Judicial sobre el Estado de Derecho Ambiental". Escuela Nacional de la Judicatura de la República Dominicana. 17 de xullo de 2017.
- ↑ "Almirante César de Windt: Armada dominicana". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Claudia S. de Windt". OAS - SEDI - Department of Sustainable Development (DSD) (en inglés).
- ↑ "Claudia S. de Windt". Department of Sustainable Development (en inglés).
- ↑ "OEA tiene fondos para préstamo ambiental a República Dominicana". El Día. 11 de novembro de 2010.
- ↑ "Duberlí Rodríguez: “Gran parte de los delitos contra el medio ambiente no son judicializados por falta de logísticas”". Poder Judicial del Perú. 29 de novembro de 2017.
- ↑ "Más de cien jueces tratarán en Pucallpa avances en justicia ambiental". Agencia Peruana de Noticias Andina. 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Joint Working Party on Trade and Environment" (PDF). Organisation for Economic Co-operation and Development (en inglés). 17 de marzo de 2017. p. 9.
- ↑ "Regional Dialogue on Environmental Sustainability for the Post-2015 Development Agenda". IISD - SDG Knowledge Hub (en inglés). 3 de decembro de 2013.
- ↑ "Estado de derecho ambiental". ROAVIS (Red de Observancia y Aplicación de la Normativa de Vida Silvestre de Centroamérica y República Dominicana). 28 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Simposio Mundial sobre Poderes Judiciales y Medio Ambiente: Adjudicando nuestro futuro" (PDF). Organización de Estados Americanos. agosto de 2018.[Ligazón morta]
- ↑ "11th Plenary Assembly - Santiago, Chile 2014". ParlAmericas (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Constituciones, Derechos Humanos y Medio Ambiente" (PDF). Coloquio Judicial Regional para América Latina y el Caribe. maio de 2017. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Seminario virtual "¿Qué es la Opinión Consultiva sobre DDHH y ambiente de la Corte IDH?"". Interamerican Association for Environmental Defense (AIDA). 20 de setembro de 2018.
- ↑ "Mesa Redonda de Políticas de la OEA: “Diálogo de Política sobre Cambio Climático: Desafíos y Oportunidades para las Américas" (PDF). Secretaría Ejecutiva para el Desarrollo Integral. 17 de xuño de 2014.
- ↑ "GREENING REGIONAL TRADE AGREEMENTS: Opportunities and Insights From International Experience" (PDF) (en inglés). 10 de xuño de 2016.
- ↑ "Liberalization of Financial Services under NAFTA and Its Effect on the Environmental Performance of the Agricultural Sector in Mexico. Claudia S. de Windt" (PDF).
- ↑ "WCEL and the environmental rule of law in the Americas".
- ↑ "WCEL partners with UN Environment to launch campaign to protect environmental defenders".
- ↑ "Jefe de la sección de Derecho Ambiental, Política y Gobernabilidad del DDS diserta sobre la importancia de los marcos institucionales y de política sobre aguas internacionales" (PDF).
- ↑ "Poder Judicial del Perú firma acuerdo con la OEA para capacitación judicial sobre el Estado de Derecho Ambiental" (PDF).
- ↑ "Meeting of Senior Government Officials Expert in Environmental Law on the Midterm Review of the 4th Programme for the Development and Periodic Review of Environmental Law (Montevideo Programme IV)".
- ↑ "Comisión llega al país a supervisar logística para la asamblea que se realizará en junio".
- ↑ "“Honduras retoma labores de la Presidencia en Comisión Interamericana de Desarrollo Sostenible de la OEA”". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2020. Consultado o 28 de agosto de 2021.
- ↑ "Concejo Permanente: Comisión de Asuntos Jurídicos y Políticos".[Ligazón morta]
- ↑ "Video De Windt ante Corte Interamericana de Derechos Humanos ( minuto 8:25)".
- ↑ "Experiencias y buenas prácticas en materia legislativa y de implementación de legislaciones nacionales" (PDF).
- ↑ "Informe sobre Normas de Gestión Ambiental para las Marinas". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Comisión de Medio Ambiente en Senado actualizará marco jurídico ambiental". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Comisión trabaja para actualizar el marco jurídico en materia ambiental". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2021. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "20va Reunión Ordinaria de la Comision de Medio Ambiente y Recursos Naturales, presidida por la Senadora Ninfa Salinas Sada" (PDF).
- ↑ "Programa sesión conjunta Comision Mixta Permanente sobre Cambio Climatico del Congreso de Brasil y Comision de Medio Ambiente del Senado Federal".
- ↑ "Constituciones, Medio Ambiente, Derechos Humanos: Práctica e Implementación" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de setembro de 2020. Consultado o 08 de maio de 2021.
- ↑ "Requerimento nº48, de 2014, realizaçion de audiência pública destinada a debatir en la Comision de Constitucionm Justicia y Ciudadanía e invitacion a Claudia de Windt como experta.".
- ↑ "50 líderes dominicanos visitan las oficinas de GFDD en Washington DC para conversar sobre medio ambiente y desarrollo sostenible – DREFF" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-28.
- ↑ "La Comisión Mundial de Derecho Ambiental (WCEL) de la UICN realizó su primer seminario web en español".
- ↑ "Instituto Interamericano de Justicia y Sosteniblidad (IIJS)".
- ↑ "Founding Partners: Women who bring a unique gender differentiated perspective".
- ↑ "Environmental Law Institute".
- ↑ "Acta de la Sesión Ordinaria del Concejo Permanente- CP/ACTA 2078/16 7 junio 2016".
- ↑ "Consejo Permanente de la OEA- Reconocimiento aportes en Cambio Climático".
- ↑ "General Secretariat - Administrative Memorandum No. 92".
- ↑ "SEGUNDA REUNIÓN INTERAMERICANA DE MINISTROS Y ALTAS AUTORIDADES DE DESARROLLO SOSTENIBLE" (PDF).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claudia S. de Windt |