Claudio Díaz Milia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1919 (105 anos) A Coruña, España |
Outros nomes | Manolete |
Actividade | |
Ocupación | policía |
Claudio Díaz Milia, coñecido como Manolete, nado na Coruña en outubro de 1919,[1] foi un policía galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Claudio Díaz González, un dos procesados na causa 240/46,[2][3] e Ángela Milia Díaz. Infiltrouse na guerrilla incorporándose xunto con José da Silva Bartolomé entre o 16 e o 19 de maio de 1946 a través de Manuel Bello Parga e pasou a formar parte do destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Delatou a Enrique Ferreirós Candamo, Pedro Rodríguez Gómez, José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Antonio Recouso Boquete, atacados pola Garda Civil en xuño de 1946. Desertou o 28 de xullo de 1946 cando o grupo estaba nunha bodega preto de Ordes, aparecendo coa Garda Civil que se enfrontou aos guerrilleiros. Como consecuencia caeron un gran número de enlaces.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Luz Divina Iglesias Blanco en agosto de 1944.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 22-10-1919, p. 3.
- ↑ "Ayer se celebró un Consejo de guerra sumarísimo contra veintidós acusados de prestar auxilio a las partidas de bandoleros armados", La Voz de Galicia, 1-10-1946, p. 7.
- ↑ "Un Consejo de Guerra sumarísimo contra veintitrés acusados de integrar una organización comunista en La Coruña", La Voz de Galicia, 16-10-1946, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 18-8-1944, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez Gutiérrez, Alejandro (2013). "La represión contra la lucha armada en Galicia. Los infiltrados en la IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia". Memòria antifranquista del Baix Llobregat (13): 60–66.