Claudio San Martín
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1934 A Coruña, España |
Morte | 27 de maio de 1988 (54 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Claudio José San Martín Pérez,[1] nado o 21 de febreiro de 1934 e finado na Coruña o 27 de maio de 1988, foi un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto do empresario comercial Claudio San Martín Alonso (1865-1947), foi propietario da empresa Claudio, que en 1964 abriu o primeiro supermercado en Galicia. Foi un dos impulsores do Polígono Pocomaco (1967) e foi presidente do consello de administración de Caixa Galicia.[1]
En 1988 foi asasinado na súa vivenda do centro da Coruña polos GRAPO.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- ↑ Echevarría, Juan José; García, Javier (28 de maio de 1988). "Los GRAPO 'renacen' con un asesinato en un día negro en Galicia". El País (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2016.
- ↑ Portabales, Pablo. "Veinticinco años del asesinato de Claudio San Martín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2016.