Clementina
Clementina | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clementina | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Citrus x clementina Tanaka, 1961 |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 198 kJ (47 kcal) |
12.02 g | |
Azucres | 9.18 g |
Fibra alimentaria | 1.7 g |
0.15 g | |
0.85 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 7% 0.086 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.030 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.636 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 3% 0.151 mg |
Vitamina B6 | 6% 0.075 mg |
Ácido fólico (B9) | 6% 24 μg |
Colina | 3% 14 mg |
Vitamina C | 59% 48.8 mg |
Vitamina E | 1% 0.20 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 3% 30 mg |
Cobre | 2% 0.043 mg |
Ferro | 1% 0.14 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Manganeso | 1% 0.023 mg |
Fósforo | 3% 21 mg |
Potasio | 4% 177 mg |
Selenio | 0% 0.1 μg |
Sodio | 0% 1 mg |
Cinc | 1% 0.06 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 86.58 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A clementina[1] (Citrus x clementina) é un froito cítrico híbrido, proveniente da hibridación entre a mandarineira e a laranxeira amarga, de onde provén ese característico sabor agre, pero á vez tamén doce. A clementina é coma unha mandarina de forma arredondada coa tona de cor laranxa escura, unha polpa zumarenta, xeralmente sen pebidas e de sabor doce[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Disque a orixe das clementinas foi unha hibridación accidental descuberta polo padre Clément Rodier a finais do século XIX. No xardín de laranxeiras amargas do seu orfanato en Misserghin, preto de Orán, Alxeria[3] atopou un pé diferente a todos os demais que botaba un máis doce, do que gustaban moito os rapaces do orfanato. Na honra do freire, púxoselle o nome ao froito. O nome Clemente, á súa vez viría do latín clemens, -ntis, ‘clemente’, cognome romano, habitual na época cristiá, e empregado por dezasete papas e varios santos[4].
Con todo, hai outros autores que opinan que se orixinou na China moito antes. James Saunt comenta "Algunhas autoridades cren que é virtualmente idéntica á variedade coñecida como Mandarina do Cantón cumpridamente cultivada nas provincias chinesas de Guangxi e Cantón."[5]
Outras clasificacións establecen as clementinas como mandarinas sen pebidas ou sementes, debido ao feito de seren froita híbrida.
Características
[editar | editar a fonte]O froito das clementinas é un hesperidio. O froito é oval e pequeno, cunha monda delgada, lisa e brillante de cor laranxa intenso. Estónase doadamente e unha vez feito, pódese separar facilmente en zumentos cuarteiróns en número de oito a catorce. O froito non contén normalmente sementes (pebidas), o cal é unha característica moi apreciada.
Nalgúns países non se diferencian as clementinas das mandarinas: en alemán denomínaselle normalmente "Mandarine". Con todo non debe ser confundido con froitas semellantes como a popular satsuma, que é outro nome da xaponesa mikan.
Este tipo de cítrico introduciuse en California para o seu cultivo en 1914, aínda que xa se cultivou experimentalmente desde 1909 no Citrus Research Center da Universidade de California, Riverside. As clementinas cultiváronse tradicionalmente en Marrocos e España, estando no comercio de Europa dende hai moitos anos. Nos Estados Unidos creouse un mercado para este tipo de froita, cando o frío inverno de 1997 en Florida arrasou as plantacións de laranxa, incrementando o prezo destas e diminuíndo a súa dispoñibilidade. As clementinas de California están no mercado desde mediados de novembro até finais de xaneiro, por iso en certas zonas coñécense como "laranxas de Nadal".
As clementinas perden a súa característica de ser froitos sen sementes cando as abellas fertilizan as súas flores con pole doutras especies de cítricos achegadas. Por iso é frecuente que haxa disputas entre cultivadores de clementinas e apicultores que teñen as súas abellas nas inmediacións das leiras.
Antioxidantes
[editar | editar a fonte]Como en todos os cítricos, o limoneno é un dos principais compoñentes dos óleos das clementinas. Outros constituíntes son: linalol, α-terpineol, α-pineno, β-pineno e mirceno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega/Instituto da Lingua Galega, 2004
- ↑ Definición en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
- ↑ "clementine" (HTML).
- ↑ Artigo en Portal das Palabras
- ↑ Citrun Varieties of the World (Second edition). Sinclair International Business Resources. 2000-01-01. ISBN 978-1872960012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hodgson, Richard Willard (1967). Chapter 4: Horticultural Varieties of Citrus. University of California, Division of Agricultural Sciences. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 16 de setembro de 2016.