Saltar ao contido

Clifden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaClifden
An Clochán (ga) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°29′00″N 10°01′00″O / 53.4833, -10.0167
EstadoIrlanda
ProvinciasConnacht
CondadosCondado de Galway Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.497 (2006) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude50 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Clifden (en irlandés: An Clochán) é unha vila de Connemara, no Condado de Galway, na provincia de Connacht, ao Oeste de Irlanda.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade máis grande de Connemara atópase entre a costa do océano Atlántico e o terreo escabroso das Montañas ao lado do Río Owenglen.

Clifden é unha das últimas vilas construídas en Irlanda. John D’Arcy fundouno no século XIX nunha tentativa por atraer o comercio á zona.

Pola situación de Clifden ao lado do río e o océano Atlántico, a vila creceu rapidamente ata acadar a prosperidade na pesca. Ademais, a situación xeográfica da vila permítelle ser un lugar de turismo pola súa paisaxe de auga e montañas.

Na década de 1840, Clifden sufriu moitas dificultades a causa da fame. Moitas persoas morreron, o negocio perdeuse, e a vila quebrou. Porén, a vila puido reedificarse con subvencións estatais e volveu ser unha área próspera.

Clifden converteuse nunha vila de importancia na década de 1900, cando Guglielmo Marconi construíu o primeiro servizo radiofónico fixo que conectaba Europa con América do Norte.

Relixión

[editar | editar a fonte]
O centro de Clifden dominado pola igrexa

Clifden encóntrase dentro da Diocese Católica de Tuam e da Diocese de Tuam, Killala e Achonry da Igrexa de Irlanda e o seu Omey Union Parroquial. Clifden ten dúas igrexas: St. Joseph's (católica) e Christ Church (anglicana).

Situado a menos de 77 km dende Galway pola estrada N59, conta con servizos de autobús que conectan Galway e Clifden.

A situación da vila preto do océano e as montañas atrae a moitos turistas cada ano. A vila ofrece moitas oportunidades para ir de excursión. Tamén, ofrece moitas tendas, bares, restaurantes e locais, e hoteis para os turistas.

A bandeira de México ondea no centro da vila honrando a John Riley e ao seu Batallón de San Patricio, que serviron nas Forzas armadas de México na Guerra de Intervención estadounidense.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Clifden dende Twelve Bens
  • En agosto hai unha exhibición dos cabaliños de Connemara.
  • En setembro hai un festival de obras de arte.
  • Carreiras de cabalos.

Ligazóns

[editar | editar a fonte]