Cloruro de calcio
Xerais | |
---|---|
Nome | Cloruro de Calcio |
Outros nomes | Cloruro cálcico Dicloruro de calcio |
Fórmula química | CaCl2 |
Aparencia | Sólido incoloro ou branco. |
Físicas | |
Masa molar | 110,99 g/mol, anhidro 147,02 g/mol, dihidratado 182,04 g/mol, tetrahidratado 219,08, hexahidratado |
Punto de fusión | 1045 K (772 °C) |
Punto de ebulición | >1800 K (>1600 °C) |
Densidade | 2,15 ×103 kg/m3 (2,15 g/cm3), anhidro 0,835 ×103 kg/m3 (0,835 g/cm3), dihidratado 1,71 ×103 kg/m3 (1,71 g/cm3), hexahidratado |
Cristalización | Octaédrica, rutilo deformada |
Solubilidade | 74,5 g/100 mL de auga soluble en etanol soluble en acetona soluble en ácido acético |
Compostos relacionados | CaF2, CaBr2, CaI2; LiCl, NaCl, KCl, RbCl, CsCl, MgCl2 |
Seguridade | |
Inxestión | Produce queimaduras. |
Inhalación | Causa irritación e queimaduras. |
Pel | Pode causar irritación ou queimaduras. |
Ollos | Causa queimaduras. |
Número CAS | [10043-52-4], anhidro [10035-04-8], dihidratado [25094-02-4], tetrahidratado [7774-34-7], hexahidratado |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O cloruro de calcio é un composto químico formado por calcio e cloro. É moi soluble en auga e é delincuescente. É un sal, sólido a temperatura ambiente, que se comporta como o típico composto iónico haloide. Ten varios usos comúns, por exemplo, salmoira para as instalacións frigoríficas e xunto co sal común, eliminación de xeo nas estradas. Pode obterse directamente da pedra calcaria, e tamén como subproduto do proceso de Solvay. Debido a súa natureza higroscópica debe manterse en envases tapados/selados.
Características químicas
[editar | editar a fonte]O cloruro de calcio pode servir como fonte de calcio. Os ións calcio presentes nunha disolución de cloruro de calcio poden precipitarse acompañados doutros anións por reacción da disolución co reactivo adecuado. Por exemplo pode obterse fosfato de calcio, que pode empregarse como fertilizante que proporcione calcio e fósforo, tratando unha disolución de cloruro de calcio fosfato de potasio:
CaCl2 (aq) + 2 K3PO4 (aq ) → Ca3 (PO4) 2 (s) + 6 KCl (aq) + CaCl2(aq)
O cloruro de calcio cando está fundido pode ser electrolizado dando calcio metal:
CaCl2 (l) → Ca(s) + de Cl2 (g)
Preparación
[editar | editar a fonte]O cloruro de calcio é un subproduto do proceso de Solvay usado para a fabricación do carbonato de sodio. Pode ser producido tamén pola acción ácido clorhídrico sobre o carbonato de calcio
CaCO3 (s) + 2 HCl (aq) → CaCl2 (aq) + H2O (l) + CO2 (g)
Usos
[editar | editar a fonte]O cloruro de calcio prodúcese en grandes cantidades
- Como é moi higroscópico, pode ser empregado para secar aire así como outros gases e líquidos orgánicos. No proceso, convértese en salmoira ó absorber auga ou vapor de auga da substancia que seca.
CaCl2 + 2 H2O → CaCl2 2 •H2O O proceso é altamente exotérmico e pode producir rapidamente temperaturas de arredor de 60° C. Isto pode producir queimaduras químicas internas se os seres humanos ou os animais comen bolas secas do cloruro de calcio. Os nenos pequenos son máis susceptibles de sufrir as queimaduras que os adultos, e o cloruro de calcio deben gardarse fóra do seu alcance.
- Axudado pola intensa calor desenvolta durante a súa disolución e polo feito que as disolucións de cloruro de calcio necesitan para conxelarse temperaturas máis baixas que o sal común, o cloruro de calcio tamén se utiliza para derreter o xeo, especialmente en lugares moi fríos. A diferenza do máis empregado cloruro de sodio (sal común), é relativamente inofensivo para as plantas e o chan.. Cando está distribuído para este uso, xeralmente toma a forma de bolas brancas pequenas dalgúns milímetros de diámetro, chamadas prills (véxase o cadro na parte superior da páxina).
- Emprégase en mesturas de formigón para acelerar o seu fraguado. O feito de que o ión do cloruro induza a corrosión do ferro, fai que non deba ser empregado no formigón armado.
- Emprégase tamén para a eliminación do po nalgúns camiños, pois debido a súa natureza higroscópica garda unha capa líquida na superficie do camiño, que suxeita o po e impide que se levante foula.
- O cloruro de calcio ten un sabor moi salgado e emprégase como ingrediente nalgúns alimentos, para dar un gusto salgado sen aumentar o contido en sodio do alimento.
- Utilízase como aditivo en plásticos.
- Utilizado como para o tratamento de augas residuais.
- O cloruro de calcio acuoso é utilizado na transformación xenética de células aumentando a permeabilidade da membrana da célula. Isto permite que os fragmentos de ADN se incorporen máis facilmente á célula.
- Outros usos son, lastre na fabricación da goma dos pneumáticos, aditivo en extintores para o lume, aditivo con goma para o amidón, engadido para controlar a escoura dentro dos altos fornos, desecante, salmoira, axente da transformación de alimentos, aditivo alimenticio, medicación, aditivo en herbicidas e axente de regulación do pH.
Precaucións
[editar | editar a fonte]O cloruro de calcio é un irritante; deben empregarse luvas e lentes para protexer as mans e os ollos. Debe evitarse a súa inhalación. Aínda que o cloruro de calcio es relativamente fácil de manipular, debe procurarse non inxerilo. O cloruro de calcio reacciona exotermicamente coa auga e poden producirse queimaduras na boca e no esófago, nos ollos e na pel, especialmente se esta está húmida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Grades and Applications of Calcium Chloride
- International Chemical Safety Card 1184
- Calcium Chloride Handbook from Dow Chemical (pdf 1.6MB)
- Report on steel corrosion by chloride including CaCl2[Ligazón morta]
- Facts about Calcium Chloride Dust ControlArquivado 21 de agosto de 2006 en Wayback Machine.