Club Aehde
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Club Aehde | |
---|---|
Tipo | club de patinaxe |
Data de fundación | 28 de xuño de 2013 |
Sede | O Carballiño |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club Aehde é un club de patinaxe da comarca do Carballiño. Foi fundado o 28 de xuño de 2013, e dedícase ó fomento do deporte e á implantación da patinaxe sobre rodas en tódalas súas modalidades: artística, velocidade, freestyle e en liña.
Historia
[editar | editar a fonte]A patinaxe neste municipio naceu hai seis anos[cando?] como unha actividade extraescolar, baixo a organización da ANPA do colexio Calvo Sotelo, por demanda dun pequeno grupo de rapaces e rapazas.
Da actividade extraescolar pasouse á creación dunha escola municipal que foi a semente para o nacemento do club, cunha acta fundacional que data do ano 2013 baixo a presidencia de Virginia López. Un ano despois estableceuse na presidencia Uxío Álvarez Centeno, actual presidente do club.
Durante este tempo a entidade foi medrando en número e estrutura, mesturando a patinaxe artística sobre rodas coa patinaxe en liña.
Agora[cando?], seis anos despois daquel comezo, o club vive unha fase de expansión dentro da provincia de Ourense.
Equipos
[editar | editar a fonte]Patinaxe artística
[editar | editar a fonte]É a actividade principal do club, o equipo de competición é o que participa na maior parte das exhibicións. Impártese cinco días á semana. Compite a nivel autonómico en Galicia, xa sexa en fases de niveis ou en campionatos galegos. Combinan a patinaxe individual co show.
Na patinaxe artística individual hai dous grupos, en función de idades e de niveis. Un primeiro grupo, composto por nenos e nenas de 5 a 12 anos e un segundo grupo, composto por rapaces e rapazas de 12 a 18 anos. Como ben indica o seu nome, nesta modalidade os patinadores e patinadoras adestran e compiten de maneira individual.
A outra modalidade, o show, está composta por un só grupo, no que se mesturan diversas idades (de 10 a 18 anos). Consiste en crear unha coreografía de grupo que representará unha historia ou un tema, coa axuda da música e da danza. Nesta modalidade participan tódolos patinadores e patinadoras do grupo.
Escola municipal
[editar | editar a fonte]A escola conta con dous grupos de traballo só en función do nivel dos patinadores e patinadoras. Impártense as clases dous días á semana. Neste equipo participan nenos e nenas de 4 a 13 anos que ven a patinaxe como unha actividade de lecer. Teñen unha aprendizaxe diaria e participan nos festivais do propio municipio.
Patinaxe en familia
[editar | editar a fonte]Naceu como un concepto para que pais, nais e fillos/as patinasen xuntos por pura diversión. Actualmente[cando?] esta idea, impartida unha vez á semana polo preparador físico do club, encóntrase en pleno auxe e participan moitas familias.
Patinaxe de adultos
[editar | editar a fonte]Este equipo naceu para atender unha demanda de xente adulta do Carballiño que quería aprender e patinar. Trata de ser unha actividade de lecer que se imparte en dúas clases semanais.
Cadro técnico
[editar | editar a fonte]Adestradora
[editar | editar a fonte]Carla Iglesias é a adestradora do equipo de patinaxe artística, da Escola Municipal e directora deportiva do club.
Preparador físico
[editar | editar a fonte]Xurxo Vázquez é licenciado en INEF, fisioterapia e osteopatía. Responsable de patinaxe en familia e adestrador da modalidade de velocidade, tamén se encarga da parte física do equipo de patinaxe artística.
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]Formada por seis persoas baixo a presidencia de Uxío Álvarez. Xosé Ramón Castro como secretario, Alicia Graña como tesoureira, Paloma Fernández como delegada do equipo de competición, ademais de vogal en compañía de Silvia Asorey e Esperanza Civeira.
Adestradoras
[editar | editar a fonte]- Virginia López
- Erea Abalde
- Alba Rueda
- Carla Iglesias