Club Deportivo Olimpia
C.D. Olimpia | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Olimpia | ||
Alcume(s) | Los Albos | ||
Fundación | 1912 | ||
Estadio | Estadio Nacional Tiburcio Carías Andino, Tegucigalpa, Honduras | ||
Inauguración | 1948 | ||
Capacidade | 35,000 | ||
Presidente | Rafael Ferrari | ||
Adestrador | Héctor Vargas | ||
Liga | Liga Nacional de Honduras | ||
2016 | Campión | ||
Na rede | |||
http://clubolimpia.com/ | |||
| |||
O Club Deportivo Olimpia é un club de fútbol da cidade de Tegucigalpa, Honduras e xoga na liga nacional de Honduras. Os seus cores son o vermello, o azul e o branco. Xoga os seus partidos coma local no Estadio Nacional Tiburcio Carías Andino. O seu maior rival é o Club Deportivo Motagua. Está considerado como o mellor equipo de Honduras e un dos mellores da CONCACAF.
O club foi fundado o 12 de xuño de 1912 co nome de Nacional Olimpia, inicialmente os fundadores formaron a institución para xogar o béisbol. Os maiores goleadores da historia do Olimpia foron Wilmer Velásquez, Denilson Costa e Danilo Javier Tosello.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado o 12 de xuño de 1912 por Héctor Pineda Ugarte, Carlos Bram, Arturo Bram, Enrique Buk, Santiago Buk, Miguel Sánchez, Samuel Inestrosa Gómez e Ramón Escobar.
O club foi bautizado como “Nacional Olimpia”, en honra os xogos olímpicos da antiguedade no val de Olimpia, Grecia en 1896. Inicialmente, os socios fundadores do Olimpia formaron a institución para a práctica do béisbol. Este deporte, era naqueles tempos o máis popular de Honduras, pero có paso do tempo, o fútbol foi tomando un grande auxe no país, o que motivou os seus dirixentes a converter ó Olimpia, nunha institución futbolística.
O Club Deportivo Olimpia conquistou o seu primeiro título a nivel nacional en setembro de 1928. Naquela oportunidade, o cadro Albo representando á zona central, logrou impoñerse nunha serie final de tres encontros ó C. D. Marathón, campión da zona norte. Tras a final, creouse unha enorme rivalidade entre estes dous equipos e que se denomina como o “Clásico Nacional”.
Plantél
[editar | editar a fonte]
|
|
Títulos
[editar | editar a fonte]Nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga Nacional de Fútbol de Honduras (30): 1966-67, 1967-68, 1969-70, 1971-72, 1977, 1982, 1984, 1986, 1987, 1989, 1992-93, 1995-96, 1996-97, 1998-99, 2000-01 Ap., 2002-03 Ap., 2003-04 Cl., 2004-05 Cl., 2005-06 Ap., 2005-06 Cl., 2007-08 Cl., 2008-09 Ap., 2009-10 Ap., 2011-12, Cl., 2011-12., Ap.,2012-13, Cl. 2012-13, Ap., 2013-14,Cl;2014-2015 e 2015-2016 Cl
- Copa Presidente (3): 1995-96, 1998-99, 2015.
- Supercopa de Honduras (2): 1996-97, 2014 (Clausura)
Internacionais
[editar | editar a fonte]- Liga de Campións da CONCACAF (2): 1972 e 1988.
- Copa Interclubes de la UNCAF (6): 1981, 1987, 1989, 1990, 1999 e 2000
- Copa México y Centroamérica (1): 1959
- Torneo Fraternidad : 1985