Club Natació Terrassa
Aparencia

O Club Natació Terrassa é unha asociación deportiva, que foi formada o 3 de xuño de 1932 na cidade de Terrassa. Dende a súa proclamación como club, ten coma o seu principal obxectivo o fomento e a práctica da natación e do wáter-polo. Tamén inclúe outras actividades deportivas.
As súas instalacións sitúanse na zona olímpica da cidade de Terrassa e dispón dunha superficie de 43.000 metros cadrados. En 2008 constituíuse coma o primeiro club da cidade de Terrassa diante do equipo de fútbol da cidade, do mesmo nome, polo que respecta a número de seareiros socios e á capacidade de oferta deportiva e social e o cuarto de Cataluña.[1]
As súas cores son o branco e o vermello coma distintivo da súa bandeira e escudo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial do club Arquivado 12 de maio de 2015 en Wayback Machine.