Club Natación Galaico
Club Natación Galaico | |
---|---|
Tipo | club deportivo |
Deporte | natación |
Data de fundación | 1994 |
Sede | Pontevedra |
País | Galicia |
Na rede | |
https://cngalaico.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club Natación Galaico é un club deportivo galego con base na cidade de Pontevedra no que se practica a natación.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O club naceu no verán de 1994 cuns 30 nadadores, baixo a denominación de Club Natación Budo Pontevedra. Nos seus inicios, foi chamado así por ser as instalacións do ximnasio Budo, na avenida da Estación, as primeiras en acoller o club, que sufriría a falta de instalacións adecuadas e a tamén a falta de recursos económicos. A medida que o club foi crecendo, chegando a ter un número aproximado de 300 nadadores por cada tempada, sentiuse cada vez máis a necesidade de ter as súas propias instalacións, polo que o deseño dunha piscina olímpica se converteu nun desexo de directivos, técnicos, nadadores e socios. Este cumpriuse coa apertura da [[piscina olímpica do complexo deportivo Rías do Sur en marzo de 2006, que se converteu no fogar do club.[1] Ese mesmo ano creouse unha sección de natación sincronizada co nome de Club Galaico Sincro, que no 2008 pasou a formar un club de seu.[2]
Logros
[editar | editar a fonte]No 2000 participou por primeira vez na Copa de España feminina, logrando así a categoría nacional. Nas tempadas 2002-03, 2003-04 e 2004-05 o Club Natación Galaico gañou todas as competicións oficiais en Galicia, sendo nomeado catro veces pola Xunta de Galicia "mellor club Galego de natación”. O CN Galaico botou 5 tempadas na segunda división, seis na primeira e logrou o ascenso á División de Honor no 2010.
O Galaico conta con campións de España (Rubén Fontenla, Iago Villaverde, Cristian Fernández Nieto, Francisco Álvarez, Beatriz Gómez, Tatiana Domínguez e Paula Carballido) e internacionais co equipo español (Rubén Fontenla, Nerea Rodiño, Paula Carballido, Iria García, Xenia Vilariño, Itziar Aranguren e Beatriz Gómez). Tamén conta cun medallista paralímpico, Chano Rodríguez, e cunha participante olímpica, Beatriz Gómez.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Historia". Club Natación Galaico (en castelán). Consultado o 2023-08-22.
- ↑ "Historia del Club – Galaico Sincro" (en castelán). Consultado o 2023-08-22.