Clube Mariño Salnés
Aparencia
Clube Mariño Salnés | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1998 |
Sede | Cambados |
País | Galicia |
Na rede | |
https://cms.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Clube Mariño Salnés é unha asociación deportiva e cultural fundada en Cambados en 1998. O seu obxecto social é a conservación, práctica, e promoción da navegación tradicional galega e a cultura mariñeira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A asociación conta cunha flota de tres dornas, coas que practica a navegación recreativa e competitiva durante a temporada estival. Parte da súa actividade é a organización de regatas de embarcacións tradicionais[1], exposicións divulgativas[2], e colaboración con outras entidades e asociacións na promoción da cultura tradicional galega no eido da navegación.