Clydesdale (cabalo)
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O cabalo Clydesdale é unha raza de cabalo de tiro orixinaria de Escocia. Semellante ó cabalo Shire, pero coas patas máis longas, xurdiu no sueste de Escocia, en Clydesdale, na metade do século XVIII, especialmente para o transporte de cargas pesadas. É un animal activo e forte, de temperamento disposto e equilibrado. Pode presentar pelaxes de diferentes cores e mide aproximadamente 1,60 metros de altura.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Os cabalos de Grande Porte foron orixinalmente desenvolvidos para o uso en guerras, tanto para levar as catapultas (cabalos de tiro) ou os cabaleiros de armadura pesada para a batalla. Os agricultores escoceses máis tarde comezaron a cruzar algúns dos maiores garañóns ingleses e flamengos con eguas escocesas. Eles finalmente produciron un poderoso cabalo cun paso longo e un casco moi resistente, perfecto para traballar nos chans de terras ásperas de Escocia.
A finais do século XIX, a popularidade da raza Clydesdale floreceu, e leváronse a cabo un gran número de exportacións para os países da comunidade británica de Australia, Nova Zelandia, o Canadá e os Estados Unidos. Foi un cabalo moi importante no desenvolvemento agrario de Australia. Hoxe, o Clydesdale aínda é un dos cabalos máis populares nos devanditos países. Malia ser substituído polo tractor na maioría das facendas, este cabalo é empregado na agricultura e silvicultura, alí onde os tractores non son capaces.
A versatilidade da raza é evidente polo número crecente de modalidades hípicas nas que é utilizada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2017. Consultado o 26 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clydesdale |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biddell, Herman (1894). Heavy Horses: Breeds and Management. London, Vinton & Co.
- Dutson, Judith (2005). Storey's Illustrated Guide to 96 Horse Breeds of North America. Storey Publishing. ISBN 1-58017-613-5.
- Edwards, Elwyn Hartley (1994). The Encyclopedia of the Horse (1st American ed.). Nova York: Dorling Kindersley. ISBN 1-56458-614-6.