Cobán
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Guatemala | |||
Departamentos | Departamento de Alta Verapaz | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 228.664 (2021) (107,25 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 2.132 km² | |||
Altitude | 1.320 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Creación | 4 de agosto de 1543 | |||
Santo padrón | Domingos de Guzmán | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 16001 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 502 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | municoban.com |
Cobán é un municipio e a capital do departamento de Alta Verapaz, localizado na República de Guatemala. No ano 2000 a poboación foi estimada nuns 70.000 habitantes.
A cidade foi fundada por frades dominicos en 1543. Anos despois foi declarada Cidade Imperial por Carlos V.
O municipio de Cobán localízase na parte central do país, que é unha rexión na que se dá o café e o cardamomo, industrias xeradas por inmigrantes alemáns no século XIX. Está localizada no medio dunha plataforma cárstica, convertendo esta zona en meca de grutas e cavernas para os espeleólogos.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O seu nome provén da lingua qʼeqchiʼ, que significa "entre nubes" e é que a rexión é moi chuviosa, incluso con orballo perenne, que dura até varios días chamado polos locais "chipi chipi". A día de hoxe, debido ós cortes de árbores nos bosques, este fenómeno é menos común e as temporadas chuviosas son máis copiosas pero menos constantes.
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]A cidade de Cobán está localizada a 212 km da cidade de Guatemala. Atópase na lat 15° 28' 07" e lonx 90° 22' 36". Conta cunha extensión territorial de 2,132 km². Debido a que o terreo é cárstico na súa maioría, a súa topografía é variada, con montañas e simas ou siguáns que pasan os 1.000 m de elevación e os 100 m de profundidade respectivamente. As terras descenden até uns 300 metros sobre o nivel do mar na área norte, no carón do departamento de Petén.
A climatoloxía varía en relación coa elevación e sinuosidade do terreo.
Festas
[editar | editar a fonte]- Festival de Indíxenas de Guatemala, a finais de xullo.
- Media Maratón de Cobán desde 1974 na terceira fin de semana do mes de maio.
- Tamén son importantes as festas dos barrios San Marcos, Santo Domingo, San Juan e Santo Tomás, cada unha organizada pola súa propia confraría.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]En Cobán elabóranse numerosos pratos típicos como o kaq ik, que ten como ingrediente principal o pavo crioulo, de patio ou "chunto", ave que foi introducida polos españois a partir do século XV, orixinaria de Norteamérica e México, e que os cobaneros aprecian moito. Entre as bebidas que se utilizan en celebracións está o kakaw, que é unha bebida amarga feita de sementes de cacao que se moen e mesturan con outras especias para facer unha especie de batido.