Papaeirugas de ás vermellas
Papaeirugas de ás vermellas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Coccyzus americanus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
O papaeirugas de ás vermellas ou papaeirugas de alas vermellas[2] (Coccyzus americanus) é unha especie de ave cuculiforme, pertencente á familia dos cucúlidos que vive en América.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos teñen a cola longa. Son de cor marrón pola parte de riba e branca pola de baixo. Posúen un bico curvo de cor amarela e un anel tamén amarelo ao redor dos ollos. Cando voan vense as súas ás ferruxentas. Os individuos novos son parecidos, pero a cor negra da medula inferior é substituída polo gris. Mide entre 26 e 30 cm de longo e entre 38 e 43 cm de envergadura. Pesan arredor de 55 e 65 g.[3]
Distribución
[editar | editar a fonte]O papaeirugas de ás vermellas está amplamente distribuído por América. Cría en América do Norte, as Antillas Maiores e a península de Iucatán e migra no inverno a América do Sur.
Comportamento
[editar | editar a fonte]A diferenzas doutras especies de cucos, esta non parasita os niños doutras aves, xa que constrúe o seu propio niño.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Coccyzus americanus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-11.
- ↑ "Yellow-billed Cuckoo Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". www.allaboutbirds.org (en inglés). Consultado o 2024-12-11.