Cocobacilo
Un cocobacilo é un tipo de bacteria que ten unha forma intermedia entre a dos cocos (esféricas) e a dos bacilos (bastonciños alongados).[1] Pode dicirse que os cocobacilos son bacilos moi curtos que se poden confundir con cocos. Exemplos de cocobacilos son Haemophilus influenzae, Gardnerella vaginalis, Chlamydia trachomatis e Coxiella burnetti.[2]. Outros exemplos son Aggregatibacter actinomycetemcomitans, un cocobacilo gramnegativo que é frecuente na placas subxinxivais. Certas cepas de Acinetobacter poden crecer en medios sólidos como cocobacilos. Bordetella pertussis é outros cocobacilo gramnegativo responsable de causar a tose ferina. As bacterias do xénero Brucella son cocobacilos que producen a brucelose. Outro cocobacilo gramnegativo medicamente importante é Haemophilus ducreyi, que produce o chancroide transmitido sexualmente.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dorlands Medical Dictionary:coccobacillus".
- ↑ "persistent rickettsial disease".
- ↑ Schaetchter's Mechanisms of Microbial Disease 4th Edition. ISBN 0-7817-5342-2