Saltar ao contido

Codorníu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Codorníu

Museo Codorníu
TipoSociedade Anónima
Fundación1551
MatrizFamilia Raventós
LocalizaciónEdificio Alta 1 Av. Països Catalans, 38, 08950 Esplugues de Llobregat Barcelona Cataluña Cataluña
FundadorJaume Codorníu (1551)
Josep Raventós i Fatjó (1872)
IndustriaAlimentación
ProdutosCava
Viño
Beneficio185 millóns de euros
Na rede
https://www.codorniu.com/ca
editar datos en Wikidata ]

Codorníu é unha empresa familiar catalá adicada á produción e comercialización de cava e viño.

As orixes da empresa están na familia Raventós a mediados do século XVI. Jaume Codorníu e a súa familia adicábanse á produción de viño.

En 1659, casan Anna dos Codorníu e Miquel Raventós. Anna foi a última da familia en levar o apelido Codorníu. Dende entón os herdeiros familiares pasaron a chamarse Raventós. Dous séculos despois, Josep Raventós i Fatjó inicia a modernización da empresa producindo a primeira botella de cava empregando o método tradicional mesturando as variedades tradicionais do Penedès: Macabeo, Xarel-lo e Parellada.

En 1887, a filoxera destrúe os viñedos do Penedès e obriga a replantar tódalas viñas familiares con enxertos de plantacións inmunes. En 1888 na Exposición Universal de Barcelona a marca gaña o primeiro premio, unha medalla de ouro.

En 1976 as cavas Codorníu son declaradas Monumento Histórico Artístico Nacional por Real Decreto do 9 de xaneiro de 1976.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]