Coea, Castro de Rei
Coea | |
---|---|
Casa de Mon en Coea | |
Concello | Castro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°12′42″N 7°26′04″O / 43.2117, -7.4345 |
Poboación | 14 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Coea é unha parroquia que se localiza no concello de Castro de Rei. Segundo o IGE en 2010 tiña 19 habitantes (10 homes e 9 mulleres), distribuídos en 4 núcleos de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 26 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a antigüidade atopábase no seu territorio unha gran vila romana. Datábel inicialmente entre os séculos II e III, foi achada en 2020 tras unha prospección arqueolóxica para instalar unha torre de alta tensión.[2] Diferentes achados nas proximidades durante o século XX, como un capitel romano perfectamente conservado entre outras pezas, xa suxerían a súa existencia.[3] As escavacións poderían confirmar que o galego Teodosio I, derradeiro emperador romano de Oriente e de Occidente, procedía da parroquia de Coea, a cal sería a Cauca da Gallaecia que indican as dúas únicas fontes coevas ao emperador: o galego Hidacio e o grego Zósimo.[2][3][4]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Coea
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Coea no concello de Castro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Castro de Rei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ 2,0 2,1 "Excepcional achado dunha gran vila romana en Castro de Rei, que podería estar relacionada con Teodosio". Historia de Galicia. 16 de xullo de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Víctor López, M. C. (18 de xullo de 2020). "La villa romana que todos sospechaban". La Voz de Galicia (en castelán). Lugo.
- ↑ Cota, Rodrigo (11 de xuño de 2019). "El robo del emperador gallego". Diario de Pontevedra (en castelán).