Coeligena bonapartei
Coeligena bonapartei | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Coeligena bonapartei A. Boissonneau, 1840 | |||||||||||||||
![]() Distribución de Coeligena bonapartei
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Coeligena bonapartei é unha especie de ave na familia Trochilidae. O seu nome científico fai referencia a Charles Lucien Bonaparte.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]Mide uns 11.4 cm de longo, ó que se engade o seu longo peteiro que mide 3,3 cm e pesa 6.5 gr. A coroa do macho adulto é negruzca cunha mancha verde brillante sobre o seu peteiro. As súas costas son verde-douradas con grupas verde-cobrizas. Unha mancha ante-rufa sobre as súas plumas terciarias é conspicua durante o voo. O peito é verde brillante, o mesmo que a gorxa agás por unha pequena mancha violeta no centro. O seu ventre de ton cobrizo a vermello-dourado é moi brillante. A súa cola é verde-bronce e levemente aforquillada.
A femia adulta é semellante aínda que de cores máis apagadas; a mancha verde sobre o peteiro é mate, a gorxa é ante, e o peito é ante con numerosos puntos verdes. A femia non poúe a mancha nas plumas terciarias.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]É orixinario de Colombia e dun pequeno sector de Venezuela.[3] O seu hábitat natural son os bosques montañosos húmidos subtropicais ou tropicais. Polo xeral percorre un camiño habitual que pasa por plantas en flor tales como Bomarea, Cavendishia, Fuchsia, Macleonia, Mutisia, e Palicouria, de cuxo néctar aliméntase. Tamén atrapa insectos en voo e cázaos sobre as follas. Polo xeral o seu comportamento é semellante ó do Coeligena bonapartei eos, o cal pode ser unha subespecie desta especie.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Coeligena bonapartei". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Whose Bird?
- ↑ Birds of Venezuela.
- ↑ "Split Coeligena eos from Coeligena bonapartei". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2006. Consultado o 02 de outubro de 2018.