Cohors II Asturum et Callaecorum
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/08/Roman_military_diploma_Carnuntum_00.jpg/350px-Roman_military_diploma_Carnuntum_00.jpg)
Cohors II Asturum et Callaecorum [equitata] foi unha unidade auxiliar romana documentada por diplomas militares e selos de tellas (tegula).
Nome
[editar | editar a fonte]- Asturum et Callaecorum:[os] ástures e galaicos. Cando se constituíu a unidade, recrutáronse os soldados entre os pobos ástures e galaicos.
- equitata: parcialmente montada. A unidade era unha formación mixta de infantaría e cabalaría. A adición non aparece explicitamente en diploma militar ningún, pero expedíronse dous diplomas militares a xinetes da cohorte[2].
Non hai evidencia do sufixo milliaria (1000 homes), a unidade era unha cohors equitata. A forza teórica da cohorte era de 600 homes (480 de infantaría e 120 de cabalería), formada por 6 centurias de infantaría, cada un con 80 homes, e 4 turmae de cabalería, cada un con 30 xinetes.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira evidencia da unidade na provincia de Pannonia procede dun diploma militar datado no 80 d.C. O diploma enumera a cohorte como parte das tropas que estaban acantonadas en Panonia. Outros diplomas militares con datas 85, 110, 135, 143, 141/144, 145, 148, 151/160, 157, 159 e 167 sitúan a unidade en Pannonia (ou a partir do 110 coa división da provincia, na de Pannonia Inferior') [2] [3] [4] [5], porén é posible que perdurase ata finais do século II ou mesmo ata as primeiras décadas do III[6].
Localizacións
[editar | editar a fonte]Localizacións da cohorte en Pannonia e Pannonia inferior puideron ser:
- Ad Militare (Batina): Os achados de tellas co selo COH II AST indican a presenza da cohorte en Ad Militare ou nas súas proximidades [7]. John Spaul refírese a Barnabás Lőrincz para a secuencia de campamentos nos que estaba acantonada a unidade [2].
- Ad Statuas : Segundo Zsolt Visy [8]
- Lugio (Dunaszekcső): Posiblemente a unidade tiña base en Lugio canda a Cohors VII Breucorum[9].
- Surduk: Os achados de tellas indican a presenza da cohorte, ou unha parte, en Surduk ou nas súas proximidades [2].
Integrantes
[editar | editar a fonte]Coñécense os seguintes membros da cohorte[2]:
Comandantes
[editar | editar a fonte]Un comandante da unidade, Granianus, coñécese polo diploma militar do ano 145. Tiña o rango de prefecto.
Outros
[editar | editar a fonte]Debate historiográfico
[editar | editar a fonte]Diploma militar do 7 de agosto de 143
[editar | editar a fonte]O diploma militar do 7 de agosto de 143, no que aparece a Unidade II Ast(urum) atribúese a diferentes cohortes: Para John Spaul é da Cohors II Asturum et Callaecorum mentres para Jörg Scheuerbrandt é da Cohors II Asturum' [2] [3].
Diplomas militares do 9 de outubro de 148
[editar | editar a fonte]Os diplomas militares do 9 de outubro 148, nos que se mencionan a unidade II Nerv(iorum) et Callaec(orum), adscríbense a diferentes cohortes: John Spaul e Margaret M. Roxan asignan os diplomas á Cohors II Asturum et Callaecorum, ao sinalaren un erro na expedición dos diplomas, pola contra Jörg Scheuerbrandt atribúeos á Cohors II Nerviorum et Callaecorum [2] [3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIL XVI, 26
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 John Spaul: Cohors² The evidence for and a short history of the auxiliary infantry units of the Imperial Roman Army, British Archaeological Reports 2000, BAR International Series (Book 841), ISBN 978-1841710464, páx. 81
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Jörg Scheuerbrandt: Exercitus. Aufgaben, Organisation und Befehlsstruktur römischer Armeen während der Kaiserzeit. Dissertation, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg im Breisgau 2003/2004, páx. 161, 163 (PDF páx. 163 Tabelle 5, 165 Tabelle 7).
- ↑ Margaret M. Roxan (1973). "The Auxilia of the Roman Army raised in the Iberian Peninsula Volume 2" (PDF 9,8 MB). discovery.ucl.ac.uk. pp. 152–153 (731–732).
- ↑ Diplomas militares dos anos 80 (CIL XVI, 26), 85 (CIL XVI, 31), 110 (CIL XVI, 164), 135 (RMD-04,251 = AE 1999, 1352), 141/144 (RMD-04,268 = AE 1996, 1257), 143 (RMD-04,266 = AE 1999, 1353), 145 (CIL XVI, 91), 148 (CIL XVI, 179, CIL XVI, 180), 151/160, 157 (RMD-02,102 = AE 1983, 785, RMD-02,103 = AE 1983, 784), 159 (CIL XVI, 112, CIL XVI, 113) e 167 (CIL XVI, 123).
- ↑ Santos Yanguas, Narciso (2007). "La cohorte II de caballería de astures y galaicos". Cuadernos de Estudios Gallegos LIV (120): 35–44.
- ↑ CIL III, 10674
- ↑ Visy, Zsolt (1988). Der pannonische Limes in Ungarn. Theiss. p. 120.
- ↑ Radnóti A e Barkóczi L (1951). "The Distribution of troops in Pannonia Inferior during the 2nd Century AD". Acta Archaeologica Academiae Scientiarium Hungaricae I: 191 e ss.
- ↑ AE 1996, 1257
- ↑ CIL XIII, 7037