Colder (banda deseñada)
Aparencia
Colder | |
---|---|
Autor/a | Paul Tobin |
Ilustrador/a | Juan Ferreyra |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dark Horse Books |
Data de pub. | 2015 - 2016 |
Formato | Rústico |
ISBN | 978-84-16387-22-9 978-84-16387-23-6 978-84-16387-24-3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Colder é unha serie de banda deseñada de terror creada por Paul Tobin e ilustrada por Juan Ferreyra. É unha triloxía cuxo tema central é a tolemia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O corpo de Declan Thomas arrefría un pouco cada día dende que o manicomio no que estaba recluído fose arrasado polo lume. Ademais, Declan posúe unha habilidade: é quen de entrar na tolemia doutras persoas e curala. A súa esperanza é chegar a curar a súa algún día, pero ten pouco tempo, porque un demo anda detrás del.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Colder (2015)
- Colder: The Bad Seed (2016)
- Colder: Toss the Bones (2016)